Clan Anstruther

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clan Anstruther
Emblema
Lema: Periissem ni periissem (I would have perished had I not persisted)
Perfil
Rexión Lowlands
Distrito Fife
Xefe

Tobias Alexander Anstruther of that Ilk [1]
Xefe de Nome e Armas dos Anstruther
Asentamento Casa Balcaskie.[2]



O Clan Anstruther é un clan escocés de Anstruther en Fife, no leste de Escocia.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixe do nome[editar | editar a fonte]

O nome procede do pobo de Anstruther, cuxo nome foi adoptado polo clan.

Orixe do clan[editar | editar a fonte]

Alexandre I de Escocia concedeu as terras de Anstruther a William de Candela a comezos do século XII. Existen varias serie teorías suxeridas da orixe de William, pero apuntan cara aos normandos, en Italia. Sábese que Guillerme I de Inglaterra procurou axuda do Conde de Candela, que enviou o seu fillo. É probable que ese fillo fose William de Candela, que recibiu a concesión de terras de Alexandre.

O fillo de William de Candela, tamén chamado William, foi benfeitor dos monxes de Balmerino Abbey. A zona ocupada hoxe en día polo Museo escocés de pesca en Anstruther foi un agasallo para William. A seguinte xeración da familia, Henry (que xa non se chamou de Candela), foi descrito como 'Henricus de Aynstrother dominus ejusdem' nunha carta confirmando doazóns de terras para Balmerino Abbey.

Henry Anstruther acompañou a Lois IX ás Cruzadas e xurou lealdade a Eduardo I de Inglaterra en 1292, e de novo en 1296.

Século XVI e Guerra anglo-escocesa[editar | editar a fonte]

En 1483, Andrew Anstruther de Anstruther confirmou o seu dereito a baronato e en 1513 loitou contra os ingleses na Batalla de Flodden Field durante a Guerra anglo-escocesa.

O seu segundo fillo, David, loitou na Batalla de Pavia en 1520 ó servizo de Francisco I de Francia no rexemento de escoceses. Esta liña rematou coa morte do último barón d'Anstrude en 1928.

O tataraneto de Andrew, Sir James Anstruther foi escollido como compañeiro para o novo Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra, que o nomeou Hereditary Grand Carver,[3], un título aínda hoxe en poder do xefe da familia. En 1595, tornouse Mestre da Casa.[3]

Século XVII e guerra civil[editar | editar a fonte]

William, o fillo máis vello de Sir James Anstruther, acompañou a Sir James a Londres de acordo coa Unión das Coroas de 1603, na que el foi armado Cabaleiro da Orde do Baño. O segundo fillo de Sir James, Sir Robert, serviu de diplomático para James I e Charles I.[4]

Sir Phillip Anstruther, o segundo fillo de Sir Robert, liderou ó Clan e loitou durante a guerra civil, e recibiu a Carlos II de Inglaterra no Castelo Dreel despois da súa coroación en Scone no ano 1651. Phillip Anstruther foi máis tarde tomado prisioneiro na Batalla de Worcester en 1651.[4] El foi excluído do Acto de Graza de Cromwell e os seus bens foron confiscados. Foronlle devoltos, despois da restauración da monarquía, por Carlos II.[5]

Xefe do clan[editar | editar a fonte]

O xefe do Clan Anstruther é Tobias Alexander Campbell Anstruther de Ilk e Balcaskie.[1]

Castelos do clan[editar | editar a fonte]

O asentamento mantense en Balcaskie. Airdrie House e o Castelo Newark en Fife tamén pertence ós Anstruthers.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 02 de decembro de 2012. 
  2. "myclan.com". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2007. Consultado o 12 de marzo de 2007. 
  3. 3,0 3,1 Burke, John Bernard (1852). A genealogical and heraldic dictionary of the peerage and baronetage of the British (14 ed.). Colburn. p. 27. 
  4. 4,0 4,1 Burke, John Bernard (1852). A genealogical and heraldic dictionary of the peerage and baronetage of the British (14 ed.). Colburn. p. 28. 
  5.  Rigg, James McMullen (1885). "Anstruther, William". En Leslie Stephen. Dictionary of National Biography (en inglés) 2. Londres: Smith, Elder & Co. OCLC 2763972. .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]