Clío (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Clío.
Na mitoloxía grega, Clío era a musa ou deusa protectora da Historia, ademais da poesía épica. Aquí aparece observando antes de anotar no seu libro, desde un carro alado cuxa roda é a esfera dun reloxo.

Na mitoloxía grega, Clío (en grego λειώ Kleiô, da raíz Κκλέω kleô, 'encomiar' ou 'cantar') é a musa da historia e da poesía heroica. Como todas as musas, é filla de Zeus e Mnemosine. Clío tivo un fillo con Píero, rei de Macedonia, chamado Xacinto. Algunhas fontes afirman que tamén foi nai de Himeneo.[Cómpre referencia]

Clío (detalle) por Johannes Vermeer.

Adoita ser representada como unha rapariga coroada con loureiros, levando unha trompeta na man dereita e un libro escrito por Tucídides na esquerda. A estes atributos únese ás veces o globo terráqueo sobre o que pousa e o Tempo aparece xunto a el, para mostrar que a Historia abarca todos os lugares e todas as épocas. Ás veces as súas estatuas levan unha guitarra nunha man e un plectro na outra, pois tamén se lle consideraba a inventora da guitarra. Noutras representacións moito máis clásicas represéntase a Clío levando na súa man esquerda un rolo de papiro e aos seus pés, unha capsa ou caixa para gardar os rolos.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas