Ciudad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ciudad
Lingualingua castelá
LocalidadeProvincia de Pontevedra
Na rede
Galiciana: 3834
editar datos en Wikidata ]

Ciudad foi un semanario editado en Pontevedra entre 1945 e 1948.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario de Pontevedra, apareceu o 21 de maio de 1945. Fundado e dirixido por Emilio Canda Pérez. Interrompeu a súa publicación o 12 de novembro, co número 26. Iniciou unha segunda época o 21 de xaneiro de 1946, principiando de novo a numeración, sen cambios relevantes con respecto á primeira. Publicaba información relativa á cidade de Pontevedra, pero tamén dedicaba un espazo á literatura, no que apareceron poemas de Celso Emilio Ferreiro e de Manuel Cuña Novás e artigos de Xosé Filgueira Valverde e Fermín Bouza-Brey. Cesou a súa edición co número 111, en 1948.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]