Citrobacter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Citrobacter é un xénero de bacterias gramnegativas coliformes da familia Enterobacteriaceae.

As especies C. amalonaticus, C. koseri, e C. freundii só usan citrato como fonte de carbono (e de aí vén o seu nome). As especies de Citrobacter diferéncianse pola súa capacidade de converter triptófano en indol (C. koseri é a única especie do xénero que é indol positiva), fermentar lactosa, e usar o malonato.[2]

Citrobacter ten a capacidade de acumular uranio ao formar complexos fosfatados.[3]

Citrobacter e outras enterobacteriáceas son organismos potencialmente diazótrofos, é dicir, que poden fixar nitróxeno. C. freundii, xunto con outras enterobacteriáceas, foi atopada nos intestinos da mosca Ceratitis capitata e crese que alí podería realizar unha fixación do nitróxeno da que se aproveitaría simbioticamente o insecto.[4]

Importancia clínica[editar | editar a fonte]

Estas bacterias poden encontrarse case en todas partes no solo, augas limpas e residuais etc. e tamén no intestino humano. Poden orixinar infeccións do tracto urinario, meninxite infantil e sepse, que moitas veces son infeccións nosocomiais (hospitalarias).[5][6]

Certas cepas de C. freundii teñen xenes ampC inducibles que codifican a resistencia ao antibiótico ampicilina e ás cefalosporinas de primeira xeración. Ademais, illados de mostras de Citrobacter poden ser resistentes a moitos outros antibióticos ao teren xenes de resistencia codificados en plásmidos.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. LPSN bacterio.net
  2. Lipsky BA, Hook III EW, Smith AA, et al.: Citrobacter infections in humans: Experience at the Seattle Veterans Administration Medical Center and a review of the literature. Rev Infect Dis 1980; 2:746-760.
  3. L. E. Macaskie, R. M. Empson, A. K. Cheetham, C. P. Grey, A. J. Skarnulis (1992). "Uranium bioaccumulation by a Citrobacter sp. as a result of enzymically mediated growth of polycrystalline HUO2PO4". Science 257 (5071): 782–784. Bibcode:1992Sci...257..782M. PMID 1496397. doi:10.1126/science.1496397. 
  4. A. Behar, B. Yuval, E . Jurkevitch. Enterobacteria-mediated nitrogen fixation in natural populations of the fruit fly Ceratitis capitata. Molecular Ecology 2005,14: 2637–2643. [1]
  5. V. Drelichman; J. D. Band (1985). "Bacteremias due to Citrobacter diversus and Citrobacter freundii. Incidence, risk factors, and clinical outcome". Archives of Internal Medicine 145 (10): 1808–1810. PMID 3899035. doi:10.1001/archinte.145.10.1808. 
  6. Badger, J.D.; M.F. Stins and K.S. Kim (1999). "Citrobacter freundii Invades and Replicates in Human Brain Microvascular Endothelial Cells". Infection and Immunity 67 (8): 4208–15. PMC 96726. PMID 10417193. 
  7. Ashish Khanna, Nachatar Singh, Aruna Aggarwa l, Menka Khanna. (2012).The Antibiotic Resistance Pattern in Citrobacter Species: An Emerging Nosocomial Pathogen in a Tertiary Care Hospital. Journal of Clinical and Diagnostic Research, 6(4): 642-644.
  8. Laurent Poirel, Alain Ros, Anne Carricajo, Philippe Berthelot, and Bruno Pozzetto, Sandrine Bernabeu, Patrice Nordmann. Extremely Drug-Resistant Citrobacter freundii Isolate Producing NDM-1 and Other Carbapenemases Identified in a Patient Returning from India. Antimicrobial Agents and Chemotherapy. 2011 January; 55(1): 447–448. [2]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]