Citidín difosfato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Citidín difosfato
Identificadores
Número CAS 63-38-7
34393-59-4 (sal disodio)
PubChem 290
ChemSpider 5902
ChEBI CHEBI:17239
ChEMBL CHEMBL425252
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C9H15N3O11P2
Masa molecular 403,176422

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Referencias

O citidín difosfato ou difosfato de citidina, abreviadamente CDP, é un nucleótido formado polo nucleósido citidina esterificado con dous grupos fosfato. A molécula consta dun azucre ribosa unida á base nitroxenada citosina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1 da base, e un grupo de dous fosfatos esterificados no carbono 5' da ribosa, e unidos entre si por enlace anhidro.

Durante certas biosínteses de lípidos e glícidos o CDP únese a outras moléculas para enerxizalas. No metabolismo de lípidos intervén formando CDP-etanolamina, molécula que une a etanolamina a un diacilglicérido, formando fosfatidiletanolamina ; tamén forma a CDP-colina, que une a colina a un diacilglicérido, formando fosfatidilcolina. Tamén intervén unido a outra molécula, formando o CDP-metileritrol, na ruta de síntese de terpenos pola vía alternativa á do mevalonato. Na síntese do polisacárido celulosa nas plantas os restos de glicosa necesarios chegan unidos a un nucleótido difosfato, que varía segundo a especie, e que nalgunhas especies é a CDP-glicosa [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lehninger A., Principios de Bioquímica (1988). Omega. Barcelona. páxinas 600-601, 669. ISBN 84-282-0738-0