Cirrus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cirros»)
Cirros.

Os Cirrus ou Cirros, abreviadamente Ci, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, caracterízanse por se presentaren illadas, a xeito de filamentos brancos e delicados, ou de bancos ou bandas estreitas, brancas ou case brancas. Teñen unha aparencia fibrosa, semellante aos cabelos dunha persoa, ou dun brillo sedoso ou das dúas características a un tempo.

Características[editar | editar a fonte]

Está composta de cristais de xeo microscópicos, que brillan cun fulgor branco ós raios do sol. Son nubes altas que se atopan a altitudes de entre 6.000 a 12.000 metros. Normalmente son síntoma de bo tempo, mais se avanzan organizadas e aumentando progresivamente cara ao horizonte indican algunha fronte cálida ou borrasca.

Especies[editar | editar a fonte]

Variedades[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Candel Vila, R. (1978), Atlas de meteorología, 8ªed, Ed. Jover.
  • Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]