Ciro o Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ciro o Novo foi un príncipe persa do século -IV, fillo de Darío II e da súa medio irmá, Parisatis (Parisátide).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Exerceu de sátrapa de Frixia Maior, Lidia e Capadocia. Irmán menor de Artaxerxes II, no -401 rebelouse contra el e, na decisiva batalla de Cunaxa, morreu por unha frecha. No seu exército, que resultou finalmente derrotado, había uns 10.000 mercenarios gregos, cuxa historia aparece relatada na Anábase de Xenofonte.