Cirenaicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aristipo de Cirene, fundador da Escola Cirenaica.

Os cirenaicos sostiñan que a felicidade é a tranquilidade que se obtén polo autodominio. Polo "ben" entendían pracer inmediato e, neste sentido, considerávanos hedonistas.

O seu hedonismo non parte do desexo de levar unha vida voluptuosa senón da indagación nos fundamentos do valor. Influídos polo relativismo de Protágoras, entendían o coñecemento desde unha óptica sensista e subxectivista. As ideas e os conceptos tiñaos por inseguros e dubidosos. Por iso, non compartían o punto de vista de quen pretendían fundamentar o valor en meras especulacións. Polo contrario, encontraban no pracer —que se percibe inmediatamente na experiencia sensíbel— a garantía do valor, a súa evidencia. Hirschberger di que o hedonismo da escola de Cirene “ten unha base epistemolóxica sensista”.

Os cirenaicos poden considerarse antecesores dos epicúreos, pero diferenzanse de estes porque a súa concepción do pracer é dinámica, en canto a busca do goce corporal e sensible. O autodominio, ideal compartido por todas as escolas socráticas, era entendido por eles como a administración dos praceres (utilizar as circunstancias para conseguir o pracer, sen deixarse dominar polo desexo de obtelo). A escola cirenaica tamén mantivo relación con algúns discípulos de Fedón, os chamados eretrienses. A pesar dos esforzos dos fundadores por non caer en posturas fáciles, os cirenaicos posteriores transformaron as doutrinas da escola en meras xustificacións da vida indolente dos que só buscan o seu propio pracer.

A escola Cirene[editar | editar a fonte]

Aristipo, discípulo de Protágoras e logo de Sócrates é o máis claro representante do hedonismo. Non hai máis fonte de coñecemento que a sensación, e isto só obtén un valor subxectivo (relativismo de Protágoras). A sensación, é pois, a única guía do home. O fin de todo o moral é o de buscar sensacións agradabeis actuais e principalmente corporais. A razón, sen embargo (e aquí observase o sello de Sócrates) debe dirixir ao home na elección de tales praceres. Polo seu rechazo a todo tipo de convencionalismo social, a escola de Cirene está bastante cerca da escola cínica.

A escola Cínica[editar | editar a fonte]

Antístenes (discípulo de Gorxias de Leontini e logo de Sócrates) enseñou en Atenas de onde deriva o nome de "cínicos" (cans).

Isto rechazou a teoría platónica das Ideas e defendeu unha ética da autosuficiencia e independencia. Propagou tamén o ideal da vida natural e o cosmopolitismo, rechazando a existencia do estado e a familia, e afirmou que para o sabio non hai patria, nin leis, nin familia, nin diferenzas de clases.

Dióxenes de Sínope foi o máis claro expoñente da actitude dos cínicos: atacou os convencionalismos sociais, buscou o natural na vida dos animais, os pobos bárbaros e fui absolutamente independente.

A escola cínica, durnate un tempo foi confundida có estoicismo, isto perdurou ata a caída do Imperio Romano.