Circuíto urbano de Sochi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto urbano de Sochi
Plano do Circuíto
Circuit Sochi.svg
Datos
Carreiras
Localización Flag of Russia.svg Sochi, Rusia
Lonxitude 5´872 km.
Curvas 19
Volta rápida (2014)
Piloto Récord
Escudería Récord
Coordenadas 43°24′20″N 39°57′28″E / 43.40556°N 39.95778°E / 43.40556; 39.95778
Vista do Circuíto
Circuíto de Sochi en construción en novembro de 2013.

O Circuíto urbano internacional de Sochi [1] (ruso:Трасса в Олимпийском парке), coñecido anteriormente como o Circuíto do Parque Olímpico de Sochi, é un circuíto urbano de Fórmula 1 en construción na cidade turística de Sochi no Mar Negro en Krasnodar Krai, Rusia.[2][3] O circuíto é similar ao circuíto Gilles Villeneuve e Circuíto urbano de Homebush no que se correrá en torno ao lugar usado para a competición olímpica, neste caso, o Parque Olímpico de Sochi, escenario dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014. A carreira inaugural terá lugar na tempada 2014, o primeiro ano dun contrato de sete anos, con todo , informouse de que a carreira pode ser desprazada de novo a 2015 si o Comité Olímpico Internacional cre que os preparativos para a carreira poden interferir cos Xogos Olímpicos de Inverno.[4] En outubro de 2011, o goberno ruso asinou 195´4 millóns de dólares para a construción do circuíto.[5]

A construción do circuíto no parque olímpico de Sochi marca o final dunha campaña de trinta anos por un Gran Premio de Rusia, con plan orixinario para un "Gran Premio da Unión Soviética" xa na tempada de 1983 antes de ser abandonado por "razóns burocráticas"[6] and several failed attempts[7][8][9] e varios intentos falidos nos anos intermedios.

O circuíto[editar | editar a fonte]

O circuíto de 5´9 km. será o terceiro máis longo no calendario da Fórmula Un, por detrás de Spa -Francorchamps en Bélxica e Silverstone en Gran Bretaña.[10] O circuíto está construído en torno ao anel olímpico de Sochi. Unha parte do circuíto, uns 1´7 km., forman parte da vía pública.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]