Circuíto urbano de Singapur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto urbano de Singapur
Plano do Circuíto
Datos
Inauguración 31 de agosto de 2008
Outros nomes Circuíto de Marina Bay
Carreiras FIA Fórmula 1
Localización Singapur
Capacidade 90.000 espectadores
Lonxitude 4´940 km
Curvas 19
Volta rápida (2023) 1:35.867
Piloto récord Lewis Hamilton
Escudería récord Mercedes
Coordenadas 1°17′29.51″N 103°51′49.86″L / 1.2915306, -103.8638500
Circuíto revisado con curvas 16-17 perfiladas de novo (2018-2019, 2022)
Lonxitude km 5´063
Curvas 23
Récord tempo 1:41.905
Récord piloto Dinamarca Kevin Magnussen
Récord equipo Haas VF-18
Récord ano 2018
Circuíto revisado con curvas 11-13 perfiladas de novo (2015-2017)
Lonxitude km 5´065
Curvas 23
Récord tempo 1:45.008
Récord piloto Lewis Hamilton
Récord equipo Mercedes W08
Récord ano 2017
Circuíto revisado coa chicane Singapore Sling eliminada (2013-2014)
Lonxitude km 5´061
Curvas 23
Récord tempo 1:48.574 (Germany Sebastian Vettel, Red Bull RB9, 2013, F1)
Récord piloto Alemaña Sebastian Vettel
Récord equipo Red Bull RB9
Récord ano 2013
Circuíto orixinal (2008–2012)
Lonxitude km 5´073
Curvas 23
Récord tempo 1:45.599 Ferrari F2008, 2008, F1)
Récord piloto Finlandia Kimi Räikkönen
Récord equipo Ferrari F2008
Récord ano 2008
Vista do Circuíto

O Marina Bay Street Circuit ou circuíto urbano de Singapur é un circuíto de carreiras urbano en torno a Marina Bay, Singapur, que abarca as áreas de planificación de Downtown Core (Curvas 4 a 19) e Kallang (Curvas 1 a 3)[1][2]


É a sede do Gran Premio de Singapur[3] de Fórmula 1 desde a tempada 2008, entrando así á lista de Grandes Premios de Fórmula 1. O Gran Premio celebrase no trazado urbano da cidade-estado de Singapur, transcorrendo a través das rúas desta. As obras para a construción do trazado comezaron en setembro de 2007. A pista ten 4´940 km.[4] de longo nun lugar do porto similar en estilo ao Circuíto de Mónaco e o Circuíto urbano de Valencia.

O circuíto deseñado por KBR,[5] e é unha modificación do orixinal proposto por Hermann Tilke.[5] O circuíto ten unha licenza FIA de grao 1.[6] O circuíto ten un récord único de ter polo menos unha aparición de coche de seguridade en todas as carreiras ata a 2022. Houbo un total de 23 saídas de coches de seguridade en trece carreiras.[7][8][9]

Circuíto[editar | editar a fonte]

A chicane sling foi eliminada antes da carreira de 2013

Do mesmo xeito que os circuítos de Mónaco e Valencia, a cidade e as súas rúas serán o escenario do Gran Premio.

O trazado mide 5,2 quilómetros, e ten 23 curvas, sendo a carreira no sentido contrario ás agullas do reloxo. Pódense alcanzar altas velocidades no circuíto, en rectas como a de Esplanade Drive ou Raffles Boulevard. A pista pasa por baixo dunha das bancadas do circuíto, creando así un túnel como Mónaco. Neste ciruito córrense un total de 61 voltas, a marca de volta é de 1:45.976 por parte do finlandés Kimi Räikkönen co equipo Ferrari no ano 2008.[10]

En 2013 produciuse un cambio no circuíto desaparecendo as chicanes "Singapore Sling" (Curvas 10, 10a, 10b)e converteuse nunha única curva cara á esquerda de media-alta velocidade que desemboca nas curvas 11 e 12. Este cambio produciuse polas queixas dos equipos que decian que era unha zona perigosa e por ese motivo suprimiuse.[11]

Vista

Características[editar | editar a fonte]

  • Capacidade espectadores: 90.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´065 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 61 voltas = 308´082 quilómetros. 23 curvas en total. (10 dereitas, 13 esquerda)
  • Configuración aerodinámica: alta. Velocidade máxima estimada 305 km/h con DRS, 290 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 45% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 21% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: moi alto
  • Desgaste dos pneumáticos: medio
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 29 segundos
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´37 segundos.
  • Marca volta: Sebastian Vettel Red Bull, 1.48.574 en 2013

Instalacións[editar | editar a fonte]

O circuíto conta cunha capacidade para máis de 80.000 espectadores, e en canto á parte técnica conta cunha zona de boxes permanente con instalacións de luxo, o paddock que está situada xunto ao complexo de Singapore Flyer.[12]

Polémica[editar | editar a fonte]

Tras o anuncio de que Singapur hospedaría o primeiro Gran Premio nocturno na historia da Fórmula 1, iniciouse unha polémica debido ao potencial risco para os pilotos que podería supor a realización dunha carreira nocturna. Con todo, a FIA decidiu que o evento manteríase tras realizar dúas probas de iluminación cuxos resultados foron positivos.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Singapur[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Construtor Motor Pneus. Tempo Lonxitude Voltas Ø-Tempo Data GP de
1 2008 España|Fernando Alonso Renault Renault B 1:57:16,304 h 5,067 km 61 158,139 km/h 28. setembro Singapur Singapur
2 2009 Lewis Hamilton McLaren Mercedes B 1:56:06,337 h 5,067 km 61 159,656 km/h 27. setembro
3 2010 España Fernando Alonso Ferrari Ferrari B 1:57:53,579 h 5,067 km 61 157,422 km/h 26. Setembro
4 2011 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Renault P 1:59:06,757 h 5,073 km 61 155,810 km/h 25. setembro
5 2012 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Renault P 2:00:26,144 h 5,073 km 591 149,044 km/h 23. setembro
6 2013 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Renault P 1:59:13,132 h 5,065 km 61 155,426 km/h 22. setembro
7 2014 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 2:00:04,795 h 5,065 km 601 151,780 km/h 21. setembro
8 2015 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari Ferrari P 2:01:22,118 h 5,065 km 61 152,673 km/h 20. setembro
9 2016 Alemaña Nico Rosberg Mercedes Mercedes P 1:55:48,950 h 5,065 km 61 159,993 km/h 18. setembro
10 2017 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 2:03:23,543 h 5,065 km 581 142,780 km/h 17. setembro
11 2018 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:51:11,611 h 5,063 km 61 166,578 km/h 16. setembro
12 2019 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari Ferrari P 1:58:33,667 h 5,063 km 61 156,226 km/h 22. setembro
- 2020 Cancelados pola Pandemia de COVID-19
- 2021
13 2022 Sergio Pérez Red Bull RBPT P 2:02:20.238 h 5,063 km 591 148,921 km/h 2. outubro
14 2023 Carlos sainz Ferrari Ferrari P 1:46:37.418 h 4,940 km 62 km/h 17. setembro

1 A carreira prevista de 61 voltas cancelouse anticipadamente debido ao tempo máximo de condución de dúas horas estipulado no regulamento.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "FORMULA 1 2019 SINGAPORE AIRLINES SINGAPORE GRAND PRIX". www.singaporegp.sg. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  2. "New OneMap". www.onemap.sg. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  3. "Singapore confirms 2008 night race". formula1.com (Formula One Administration). 11 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2008. Consultado o 20 de xaneiro de 2016. 
  4. "Track changes ahead of Singapore Grand Prix". formula1.com (Formula One Administration). 22 de setembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 20 de xaneiro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 "Circuit Guides: Singapore". Hilton Hotels & Resorts. Hilton Worldwide. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2011. Consultado o 25 de setembro de 2010. 
  6. "LIST OF FIA LICENSED CIRCUITS" (PDF). FIA. 6 February 2015. Consultado o 28 de maio de 2015. 
  7. "Singapore stats - Rosberg the third driver to win 200th race". Formula1.com. 19 de setembro de 2016. Consultado o 19 de setembro de 2016. 
  8. "Race - Hamilton wins dramatic wet-dry Grand Prix in 2017 Singapore Grand Prix with 3 safety car periods". Formula1.com. 19 de setembro de 2016. Consultado o 19 de setembro de 2016. 
  9. "Hamilton extends championship advantage with faultless Singapore victory". Formula1.com. 16 de setembro de 2018. Consultado o 17 de setembro de 2018. 
  10. [1]
  11. http://www.formula1.com/news/headlines/2013/9/14975.html
  12. [2]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]