Circuíto Caesars Palace

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto Caesars Palace
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras
Localización Las Vegas, Estados Unidos
Lonxitude 3,650 km.
Curvas 14
Volta rápida (1982) 1:19.639
Piloto récord Italia Michele Alboreto
Escudería récord Tyrrell Racing-Ford
Coordenadas Coordenadas: 36°07′20″N 115°10′32″O / 36.122361111111, -115.17552777778
Vista do Circuíto

O Circuíto Caesars Palace foi sede do Gran Premio de Las Vegas unha carreira de automobilismo válida para o campionato mundial de Fórmula 1 que se disputou en Las Vegas, Estados Unidos en 1981 e 1982.

Ao saír Watkins Glen do calendario da Fórmula 1, en 1980, seleccionouse Las Vegas como escenario para un Gran Premio. Esta nova carreira pechaba o calendario mentres que Long Beach quedou como primeira carreira. Con todo, non foi moi popular entre os pilotos debido á intensa calor do deserto. A carreira disputábase na área de estacionamento do hotel Caesar's Palace e, para un circuíto non permanente, as instalacións eran bastante elaboradas. Era o suficientemente ancho para permitir adiantamentos, áreas de seguridade en area e unha superficie tan uniforme como o vidro. Corríase en sentido contrario ás agullas do reloxo. Cando Nelson Piquet logrou o seu primeiro Campionato de Pilotos ao terminar quinto en 1981, tomoulle case quince minutos para recuperase do cansazo causado pola calor, habendo logrando apenas chegar á meta.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto do Caesars Palace[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1981 Australia Alan Jones Williams-Ford 1:44:09.077 h 3´637 km 75 17 de outubro Estados Unidos
1982 Italia Michele Alboreto Tyrrel-Ford 1:41:56.888 h 3´650 km 75 25 de setembro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]