Circa Vitae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circa Vitae
Na rede
Facebook: CircaVitaeMusic MySpace: circavitae Bandcamp: circavitae Last fm: Circa+Vitae Editar o valor em Wikidata

Circa Vitae (en latín, "Acerca da vida"[1]) é un grupo de pop rock alternativo[2] estadounidense con base en Eugene (Oregón) que naceu en xuño do ano 2007[3]. O grupo está formado polo guitarrista Wesley Curtis, o vocalista e guitarrista Britt Brady, o percusionista Thaddeus Moore, a baixista Nate Beveridge e a vocalista e violinista Anna Ponto. En vez de vender álbums, o grupo optou por financiarse mediante un sistema de doazóns, combinado cos directos.

Álbums[editar | editar a fonte]

O seu primeiro álbum, e de momento o único, publicado o 3 de decembro do ano 2008[4], recibiu o mesmo nome que o grupo, Circa Vitae. No ano 2009 publicaron un tema adicional do álbum, “Infinity is 8 on its Side” (en inglés, "O infinito é 8 na súa banda").

Licenza[editar | editar a fonte]

Todos os temas publicados por Circa Vitae están baixo a licenza «Creative Commons Recoñecemento Non Comercial Compartir Igual 3.0», aínda que nalgúns sitios o seu primeiro e único álbum aparece como «Creative Commons Recoñecemento Compartir Igual 3.0» ─un dos temas aparece rexistrado como tal en Safe Creative[5]─.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]