Cinza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cinsa")

Para o río galego, ver o artigo: Río Cinsa.

Cinzas

Cinsa ou cinza, en química analítica, é o nome dado a todos os compoñentes que non se consideran orgánicos ou auga, é dicir os compoñentes que permancen logo da combustión dunha mostra, e consisten basicamente en óxidos de metal.

A cinza é un dos compoñentes da análise biolóxica dos materiais, e componse principalmente de sales, compostos non orgánicos. Iso inclúe sales de metal que son importantes polos procesos que requiren ións como o Na+ (Sodio), K+ (Potasio) ou Ca+ (Calcio). Tamén inclúe rastros de minerais necesarios por moléculas únicas, como a clorofila ou a hemoglobina.