Cinq semaines en ballon
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Cinco semanas en globo | ||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Cinq semaines en ballon é unha novela do escritor francés Jules Verne que foi publicada en 1863. Trátase da súa primeira novela e nela xa aparecen os ingredientes do que será a súa futura obra, mesturando habilmente unha intriga ateigada de aventuras e sobresaltos de todo tipo e descricións técnicas, xeográficas e históricas. O libro leva a cabo un bo resumo das exploracións do continente africano, que daquela non era totalmente coñecido polos europeos e ó que ían moitos exploradores en busca dos seus segredos.