Río de Xaneiro - Rio de Janeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cidade do Rio de Janeiro")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 22°54′30″S 43°11′47″W / 22.90833°S 43.19639°W / -22.90833; -43.19639

Para o estado, véxase Estado de Río de Xaneiro - Rio de Janeiro.
Município do Rio de Xaneiro
Bandeira do Município do Rio de Janeiro.png Escudo Rio de Janeiro.gif
Estado Río de Xaneiro
Superficie 1 182 km²
Poboación
Densidade
6.136.652 (2007)
5.190,5 hab/km²
Latitude 22º 54' S
Lonxitude 43º 14' O
Altitude 2 m
Distancia de Brasilia 1.160 Km
Código postal (CEP) 20000-000
Administración local: Prefeitura Municipal de Rio de Janeiro - Rua Afonso Cavalcanti, 455
Internet: http://www.rio.rj.gov.br
Alcalde (Prefeito) Eduardo Paes
Localización no Brasil
Brasilien.png

Río de Xaneiro (Rio de Janeiro en portugués) é unha cidade brasileira, capital do Brasil entre 1763 e 1960 e actual capital do estado do Río de Xaneiro. Segundo o censo municipal en 2000 tiña 5.473.909 habitantes, sendo a segunda maior cidade do Brasil.

O Cristo Redentor, monumento que hoxe é unha das Novas Sete Marabillas do Mundo.

Famosa polos seus Carnavais, polo monumento ao Cristo Redentor, pola montaña Pão de Açúcar, e polas súas praias (Copacabana, Ipanema, Leblon, São Conrado, Barra da Tijuca, Prainha, Botafogo, e outras), é un importante porto, centro comercial e turístico. A súa rexión metropolitana (Grande Río) concentra moitas industrias químicas e de metalurxia. Está a 430 km da cidade de San Paulo, a máis grande do país, a cal é ligada pola estrada Rodovia Presidente Dutra. Ten dous importantes aeroportos: o Aeroporto Internacional Tom Jobim, moi utilizado para voos internacionais e domésticos, e o segundo en movemento do país; e mais o Aeroporto Santos Dumont, próximo ó centro da cidade, que é usado só por voos para a cidade de San Paulo, Belo Horizonte e Brasilia.


Índice

Toponimia e xentilicio [editar]

No día de Aninovo de 1502 o navegante portugués Gaspar de Lemos, entrou co seu barco nunha baía (chamada Hothelmy[Cómpre referencia] e baía de Guanabara) na costa brasileira. Confundiu a baía ca desembocadura dun río, e chamouna Rio de Janeiro, que significa "Río de Xaneiro". O xentilicio correspondente a Río de Xaneiro é carioca, que non ten nada que ver co peixe, pois significa "casa do branco", do tupi kara'i, "branco", e oka, "casa".

Historia [editar]

A cidade foi fundada o 1 de marzo de 1565, polo militar portugués Estácio de Sá, co nome de São Sebastião do Rio de Janeiro (San Sebastián de Río de Xaneiro), na honra de San Sebastián (que faleceu o 20 de xaneiro). Durante séculos, o asentamento chamouse São Sebastião, no lugar da popular segunda metade do seu nome. A cidade fundouse como unha base dende a cal invadir o asentamento francés, o que finalmente se acadou en 1567, expulsando aos franceses.

Ata comezos do século XVII, a cidade viuse ameazada ou invadida por piratas e bucaneiros franceses, como Jean-François Duclerc e René Duguay-Trouin. Despois de 1720, cando os portugueses atoparon ouro e diamantes na capitanía de Minas Gerais, Río de Janeiro pasou a ser moito máis útil que Salvador de Bahía como porto para exportar a riqueza, xa que esta estaba moito máis ao norte. En 1763, a administración colonial portuguesa en América trasladouse a Río. A cidade continuou sendo principalmente a capital colonial ata 1808, cando a familia real portuguesa e a maioría dos asociados nobres de Lisboa, que fuxían da invasión napoleónica de Portugal, trasladáronse a Río de Janeiro. A capital do reino foi trasladada á cidade, que, polo tanto, converteuse na única capital europea fóra de Europa.

Cando o príncipe Pedro I proclamou a independencia de Brasil en 1822, decidiu manter a Río de Janeiro como capital do seu novo imperio. Río seguiu como capital de Brasil despois de 1889, cando a monarquía foi cambiada por unha república, ata 1960, cando a sede do goberno federal foi transferida a Brasilia. Entre 1808 e 1815 foi a capital do Reino de Portugal e dos Algarves, como era oficialmente denominado Portugal na época. Entre 1815 e abril de 1821, foi a capital de Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarve ante a incorporación de Brasil como parte integrante do Reino.

En agosto de 1834, foi separada do resto da provincia de Río de Janeiro (agora estado), transformándose en Municipio Neutral. En 1992, a cidade foi sede da Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento(CNUCED), máis coñecida como Rio-92. Foi a primeira reunión internacional de peso dende o fin da Guerra Fría, e contou coa presencia de delegacións de 175 países.

Economía [editar]

Río de Xaneiro converteuse nun sitio atractivo para situar as empresas cando era a capital de Brasil, debido a que importantes sectores da sociedade e do goberno estaban presentes na cidade. A cidade foi elixida como sede central de varias compañías estatais como Petrobras, Caixa Económica Federal e Vale do Rio Doce. Tras o traslado da capital a Brasilia en 1960, seguiu atraendo máis compañías, especialmente tras o descubrimento do petróleo en Campos Basin, rexión que produce a maior parte da produción de petróleo de Brasil. Isto supuxo que moitas compañías petrolíferas e gasísticas se asentaran en Río de Janeiro, como as filiais brasileiras de Shell, EBX e Esso, así como a estatal Petrobras. A sede do Banco Nacional de Desenvolvemento Económico e Social tamén se encontra na cidade. Tamén é a sede de compañías de telecomunicacións, como Intelig, Claro, Oi e Embratel.

A cidade encóntrase na segunda posición no indicador de produción industrial do país, i é un centro financeiro e de servizos importante. A industria da cidade produce comida procesada, produtos químicos, derivados do petróleo, farmacéuticos, metalúrxicos, téxtiles, barcos (nos estaleiros) e mobles. Sen embargo, o sector servizos domina a economía. O segundo mercado de valores máis activo de Brasil tamén se encontra en Río, a Bolsa da Valores do Brasil. As maiores empresas farmacéuticas internacionais teñen súa sede brasileira en Río, como Merck, Roche, Arrow, Darrow, Baxter, Mayne ou Mappel.

O turismo e o entretemento son outros dos aspectos claves da vida económica da cidade; é a maior atracción turística do país, tanto para brasileiros como para estranxeiros. A maioría das compañías de entretemento teñen base en Rio de Janeiro, como TV Globo (Globosat, Globo News, SportTv, Telecine, Tv Brazil), NET, SKY ou WayBrazil, e tamén algúns dos periódicos brasileiros máis importantes, como Jornal do Brasil, O Globo, O Dia ou Business Rio.

O PIB da cidade en 2005 era de 118.979.752.000 reais, e a renda per cápita nese ano era de 19,524 reais.

Cultura [editar]

Praia de Ipanema

A cidade é famosa polas praias de Copacabana e Ipanema, pola estatua xigante doçe Cristo, o "Cristo Redentor" sobre o Cerro do Corcovado, pola celebración anual do Carnaval na praia de Copacabana (no que hai aproximadamente 2 millóns de persoas), e pola montaña monolítica coñecida como Pan de Azucre, en portugués "Pão de Açúcar". O nome desta montaña foi traducido erroneamente en varios idiomas como "pan de azucre", cando realmente no se refire a ningún tipo de pan, senón, segundo unha versión do historiador Vieira Fazenda, aos bloques de azucre de forma cónica que se preparaban para súa exportación no século XVI. O equivalente máis correcto de Pāo de Açúcar, sería entón "piloncillo" (en México), ou "panela" (en Colombia) e "papelón" (en Venezuela), aínda que é tradicionalmente coñecido en español e outros idiomas como Pan de Azucre.

Rio de Janeiro é famosa tamén polas súas características xeográficas e urbanas, ao estar construída nunha zona pouco propicia para o establecemento dunha metrópole, pois é una zona moi reducida, limitada polo océano e pola serra, o que fai que ás veces o ancho da cidade se reduza a menos de dez cuadras. A cidade ten unha lagoa, Rodrigo de Freitas, ao norte da praia de Leme. Estas características xeográficas e xeolóxicas requiriron un esforzo adicional dos urbanistas, que trazaron numerosos túneles e pontes para facer posible o tráfico rodado entre as distintas áreas da cidade. Destaca o traballo do urbanista brasileiro Roberto Burle Marx, que o seu traballo máis famoso é, probablemente, o deseño ondeado en branco e negro que hai nas calzadas da avenida Atlántica, o cal se converteu en logotipo da cidade. Burle Marx ademais participou no deseño e construción do Aterro do Flamengo, onde foron ganados ao mar 1.200.000 metros cadrados, no que se convertería en parque público ás beiras do mar, xunto á praia de Flamengo, no barrio do mesmo nome.

Segundo o IBGE en 2005, a cidade tiña 6.094.183 habitantes, pero considerando a Rexión Metropolitana de Río de Xaneiro, o ascenso poboacional chegaba aos 11.351.937 millóns de habitantes cunha superficie total de 4.659 km², converténdoa na segunda metrópoles máis poboada de Brasil e a cuarta de América Latina. Máis alá dos seus atractivos turísticos, é tamén un gran centro de comercio, servizos e industrias, e ten dous importantes portos para exportacións e importacións: o porto de Rio de Xaneiro, que se sitúa na baía de Guanabara, ao este da cidade, e o porto de Sepetiba que se sitúa na baía de Sepetiba, ao oeste da mesma. É servida por dous aeroportos: o Aeroporto Santos Dumont (código IATA SDU), que concentra voos domésticos e ata o Mercosur; e o Aeroporto Internacional Antonio Carlos Jobim (coñecido como Aeroporto do Galeāo, código IATA GIG), situado na Isla do Gobernador.

A outra marxe da Baía de Guanabara sitúase na cidade de Niterói. Aínda que oficialmente é unha cidade propia, Niterói funciona como se fose un barrio de Rio de Janeiro, unha especie de "cidade dormitorio".

Carnaval de Río de Janeiro [editar]

O carnaval de Brasil celébrase anualmente 40 días antes de Pascua, e marca o comezo da Coresma. En Río de Janeiro é famoso polas escolas de samba que desfilan fronte aos espectadores no sambódromo. A cidade completa trastórnase a segunda semana de febreiro para celebrar o Carnaval. Requírese facer reservas con moita antelación, e é común que os hoteis suban seus prezos e ofrezan a semana completa.

Hai unha área propia das principais escolas de samba que participan no carnaval cerca do Sambódromo, así élles moito máis fácil conducilas ata alí. Pódese ir a visitar este área, e ver as carrozas dos anos anteriores, pero o que non se pode ver son as carrozas que se están a facer para o ano seguinte, xa que se gardan con moito secreto. As dúas escolas que queden nas últimas posicións da clasificación son descendidas, mentres que outras dúas ascenden e substitúenas. As cinco escolas de samba gañadoras, desfilan a semana seguinte polo Sambódromo.

Praia de Ipanema, famosa praia do Río de Xaneiro.

Deportes [editar]

Os eventos deportivos mais coñecidos do Rio de Janeiro son a etapa brasileira de MotoGP e as finais mundiais de volei praia. Jacarepaguá era o local onde se realizaba a etapa brasileira do Gran Premio de Fórmula 1, entre os anos de 1978 e 1990, e Champ Car (1996-1999). Os circuítos WCT e WQS de Surf foron disputados en praias cariocas entre 1985 e 2001.

Recentemente, a cidade construíu un novo e moderno estadio no barrio de Engenho de Dentro, con capacidade para mais de 46 mil persoas. Foi bautizado de Estádio Olímpico João Havelange, en homenaxe ao brasileiro que presidiu durante moitos anos a FIFA, e aínda hoxe é considerado seu presidente de honra.

A práctica de deportes é un pasatempo moi común en Rio de Janeiro, sendo o fútbol o mais popular deles. O Rio ten cinco clubs brasileiros bastante tradicionais: América, Botafogo, Flamengo, Fluminense e Vasco. A sede da Confederación Brasileira de Fútbol (CBF) localízase nun edificio de Barra da Tijuca, zona oeste. A cidade foi elixida como sede dos Xogos Olímpicos de 2016.

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]