Cidade de San Mariño - Città di San Marino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cidade de San Mariño")
Cidade de San Mariño
Mapa
San Marino San Marino.png
Información
País Flag of San Marino (WFB 2004).gif San Mariño
Castello Castello de San Mariño
Superficie 7,09 km2
Poboación 4.367 (VI-2008)
Densidade 617 hab/km²
Alcalde Alessandro Barulli
Blick von san marino .jpg

A Cidade de San Mariño, dita tamén simplemente San Mariño (en italiano Città di San Marino) é a capital da República de San Mariño, situada sobre o monte Titano, na Península Italiana. No ano 2006 contaba con 4.426 habitantes.

Índice

Características xerais [editar]

É a terceira poboación do país, tras Borgo Maggiore e Dogana. Subdivisión de Serravalle) e tamén a cabeza do castello homónimo, cunha extensión de 7,09 km², que comprende aínda algunhas divisións como Murata.

Xeografia [editar]

A Cidade de San Mariño está sita a 675 m sobre o nivel do mar, sobre o monte Titano, cuxa cima se acha a 749 m. As súas coordenadas xeográficas son 43º 56' N e 12º 26' L. O territorio do seu concello (castello) confina con os castelli de Acquaviva, Borgo Maggiore, Fiorentino e Chiesanuova e máis con o concello (comune) italiano de San Leo.

Freguesías (curazie) [editar]

Historia [editar]

A lenda atribúe a fundación da Cidade de San Mariño en 301 a San Mariño. Logo de obter estatuto municipal no ano 1295, ampliou o seu territorio até chegar aos actuais confíns no 1463, despois de combater contra os Malatesta.

A ver [editar]

O funicular que une Borgo Maggiore w Cidade de San Mariño

Patrimonio Mundial da Humanidade [editar]

Desde 2008 o centro histórico foi inscrito pola UNESCO na lista do Patrimonio da Humanidade, formando parella con o Monte Titano.[1] O motivo exposto polo comité fala do "testemuño de continuidade dunha república libre desde o Medioevo".[2] En pormenor foron inscritos no patrimonio: torres, murallas, portas e bastións, unha basílica neoclásica do ottocento, algúns conventos do XIV e XVI, o Teatro Titano do século XVIII e máis o Palazzo Pubblico do século XIX.[2]

Personalidades ligadas a San Mariño [editar]

Transportes e infraestruturas [editar]

A cidade conta cun funicular que a comunica con Borgo Maggiore. A estrada principal è a SS 72, de 4 carrís en case todo o seu percorrido, e que a une directamente con Rimini.
Desde 1932 a 1944 funcionou o Ferrocarril Rimini-San Marino, completamente financiada pola Italia fascista de Benito Mussolini, logo dun acordo en 1927. Foi destruída o 26 de xuño de 1944, tras os bombardeos realizados pola Desert Air Force, durante a Segonda Guerra Mundial. Foi desmontada entre 1958 e 1960.

Galería fotográfica [editar]

Véxase tamén [editar]

Notas [editar]

  1. Inscricións no Patrimonio da Humanidade
  2. 2,0 2,1 Cédula da UNESCO

Collegamenti esterni [editar]


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: