Cidade de Guatemala - Ciudad de Guatemala
Coordenadas: 14°37′22.48″N 90°31′53.33″W / 14.6229111°N 90.5314806°W
|
|
|||||
| Mapa | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Información | |||||
| País | |||||
| Departamento | Guatemala | ||||
| Superficie | 228 km2 | ||||
| Poboación | 3.942.348 (2002) | ||||
| Densidade | 17.291 h/km² | ||||
| Alcalde | Álvaro Arzú Irigoyen | ||||
| www.muniguate.com | |||||
Cidade de Guatemala (oficialmente e en castelán La Nueva Guatemala de la Asunción, habitualmente coñecida coma Ciudad de Guatemala, Guatemala) é a capital e a cidade máis extensa do estado de Guatemala. Á súa vez, é a capital do Departamento de Guatemala e a cidade máis extensa de América Central.
Segundo o censo do ano 2002, a cidade conta cunha poboación de 3.942.348 habitantes. A cidade está sita nun val na área sur central do país.
Índice |
Poboación [editar]
A poboación da Cidade de Guatemala é de 3.942.348 habitantes, segundo o censo do ano 2002. Debido a que non se ten unha área metropolitana definida, senón que só se considera coma cidade aos límites municipais desta; os informes de poboación da cidade poden variar se se toma en conta a área metropolitana.
A cidade conta cunha poboación diversa, predominantemente de orixe española e mestiza, ademais de existiren grupos indíxenas importantes e inmigrantes doutros países centroamericanos. A poboación segue medrando coa chegada de inmigrantes indíxenas de departamentos doutras partes do país.
A Cidade de Guatemala xa superou os seus límites xurisdicionais e conforma a chamada Área Metropolitana de Guatemala (ou AMG), que conforman os municipios de: Guatemala, Villa Nueva, San Miguel Petapa, Mixco, San Juan Sacatepequez, San José Pinula, Santa Catarina Pinula, Fraijanes, San Pedro Ayampuc, Amatitlán, Villa Canales e Chinautla.
Xeografía [editar]
- Altitude: 1.499 metros.
- Latitude: 14º 37' 15" N.
- Lonxitude: 90º 31' 36" O.
Historia [editar]
Dentro dos confíns da moderna Cidade de Guatemala está a antiga cidade maia de Kaminaljuyú. Kaminaljuyú data duns 2.000 anos atrás e é sabido que comerciaba coa distante Teotihuacán en México central. O centro de Kaminaljuyú estaba localizado a curta distancia da parte máis vella da Cidade de Guatemala, e no século XX, a cidade medrou arredor das ruínas (e nalgúns casos sobre algunhas das ruínas periféricas antes de que fosen protexidas). O centro cerimonial de Kaminal Juyú é agora un parque dentro da Cidade de Guatemala.
En tempos da colonia española era unha pequena cidade cun mosteiro chamado O Carme, fundado en 1620. A sede da capitanía xeneral de Guatemala, dependente do vicerreinado da Nova España mudouse a este lugar dende a vella capital Antiga Guatemala en 1775 ao Valle de las Vacas ou de la Ermita, como se coñece ao val onde está asentada a cidade; o que induciu a unha grande expansión da cidade.
O seu desenvolvemento viuse afectado en incontábeis ocasións por desastres naturais, terremotos na súa maioría; que devastaron a cidade e os seus arredores. O último que a afectou foi o terremoto de 1976, que danou seriamente a estrutura moderna construída e a que se atopaba en construción, ao igual que reliquias históricas coma as igrexas de Nosa Señora da Mercé, Nosa Señora do Carme (primeira igrexa construída no val cara a 1620), o edificio do Mercado Central (hoxe convertido nun edificio tosco que inclúe un centro de artesanías nacionais para o turista).
Fundada oficialmente o 2 de xaneiro de 1776, abarcaba unha área aproximada de 10 x 20 mazás (1 mazá = 7000 metros cadrados), o seu crecemento deuse en todas direccións, sendo predominantes o sur occidente e o sur oriente. O seu crecemento tomou varias poboacións que nos seus inicios atopábanse afastadas, e que hoxe forman parte da cidade. Algunhas destas son Mixco, Santa Catarina Pinula, Villa Nueva e San José Pinula. Tamén se deu o fenómeno das cidades dormitorio, coma Fraijanes, Villa Canales e Amatitlán. Nestas cidades e vilas, os desenvolvementos urbanísticos son moitos e amosan o gran crecemento de poboación da cidade, pero esta aínda padece de escaseza de vivenda, o que fomenta a aparición de barriadas en zonas de alto perigo, coma as ladeiras e barrancos característicos da rexión.
Características da cidade [editar]
A Cidade de Guatemala é a capital económica, gobernamental e cultural da República de Guatemala. A cidade ten alén dunha gran variedade de restaurantes, hoteis e tendas, unhas 300 galerías e museos (incluíndo boas coleccións de arte precolombina. Hai 18 Universidades, 17 privadas e unha nacional, incluíndo a Universidade de San Carlos de Guatemala.
Universidades [editar]
Universidades nacionais [editar]
Universidades privadas [editar]
- UFM Universidade Francisco Marroquin.
- UGA Universidade Galileo.
- URL Universidade Rafael Landivar.
- USM Universidade Salesiana Mesoamericana.
- UMG Universidade Mariano Gálvez de Guatemala.
- UVG Universidade do Val de Guatemala.
- UNIS Universidade dol Istmo.
- IFES Instituto Feminino de estudos superiores.
- KINAL Escola Técnica Superior.
- TECM Tecnolóxico de Monterrey Campus Guatemala.
- UPANA Universidade Panamericana.
- URG Universidade Rural de Guatemala.
- ADEN Aden University Guatemala.
- LEA Loyola escola de negocios para as Américas.
- AIU Atlantic International University Campus Guatemala.
- UC Universidade Católica de Guatemala Campus Guatemala.
- TU Tulane University Represented in Guatemala By UFM Bussines School.
- UP Universidade Popular.
- AIU Atlantic International University Campus Guatemala.
- PU Preston University Campus Guatemala.
Zonas [editar]
A cidade está dividida en 25 zonas, o cal fai moi sinxelo atopar direccións, plano urbanístico deseñado polo enxeñeiro Raúl Aguilar Batres. Guatemala ten unha estrutura cadrada que se expande en tódalas direccións, o cal é unha característica importante do urbanismo neoclásico de principios do século XX. A cidade posúe moitas avenidas e bulevares amplos e decorados; coma a "Avenida La Reforma", "Vista Hermosa", "Los Próceres" entre outros. O seu trazado vello e a súa situación (un val arrodeado de fondos barrancos) fai que as vías de acceso principais sexan poucas, o cal causa unha severa conxestión de tráfico, ao igual que o desenvolvemento doutras áreas antes tomadas coma marxinais coma a Ruta ao Atlántico entre Zona 17 e 18, zona que demostrou un especial poder comercial nestes últimos anos, comparado co da estrada a O Salvador.
O centro da cidade de Guatemala está actualmente nun período de decadencia onde se concentrou poboación inmigrante provinte de Asia, África, outra partes de Centroamérica e o Caribe principalmente nos arredores do casco histórico da cidade, no entanto a concentración dos centros económicos e financeiros que albergan oficinas internacionais estendeuse cara ao sur da capital guatemalteca podéndose atopar o desenvolvemento da metrópole nas zonas 4, 5, 7, 9, 10, 11, 12, 13, 14 e 15. Nas devanditas zonas atópanse grandes edificios destinados a oficinas financeiras; as fábricas da cidade concéntranse na súa maioría na zona 12, sendo esta a máis contaminada da cidade, porén novos proxectos urbanísticos colocaron ás contaminantes fábricas nas cercanías das estradas cara ao Pacífico e ao Atlántico, e o que será o gran proxecto do anel metropolitano.
Grandes áreas comerciais constrúense en distintos puntos da capital. Con todo, cabe destacar o complexo urbanístico do Parque Comercial Las Majadas, que agrupa a área comercial máis grande do país xa que nel se atopan 15 centros comerciais, entre eles o Centro Comercial Miraflores e o Hipermercado Hiper Paiz, que rexistra as maiores vendas por metro cadrado de Guatemala.
A cidade ofrece unha das carteiras de diversión máis grandes do país enfocadas na denominada zona viva e calzada Roosevelt, así coma en catro graos norte. A cidade ten unha cultura de aceptación á cultura homosexual, polo que é notorio atopar o turismo adicado a este grupo social, así coma varios restaurantes e festas nos principais hoteis da capital guatemalteca. A actividade de casinos é grande e posúe varios sitos en distintos puntos da zona viva, malia que este mercado está aínda en fase de iniciación.
Sistema de transporte [editar]
O servizo de transporte está constituído principalmente polo servizo de buses urbanos. Existen 336 rutas e na súa maioría os buses están en mal estado e cobran unha tarifa bastante económica dun quetzal (uns 13 centavos de dólar). Así e todo, cabe destacar a importancia da única liña de transporte semimasivo denominada "transmetro" que sae da central da zona 12 até o centro cívico da capital, aínda que está en proxecto a implementación de 12 novas rutas do citado sistema de transporte.
Tamén na cidade se atopa o Aeroporto Internacional La Aurora, sito en medio da cidade e cunha rede de 295 voos internacionais diarios ás principais cidades de América e Europa mediante 17 liñas aéreas. Tamén ten 123 voos nacionais diarios cara ás principais cidades do país.
Subdesenvolvemento e contraste social [editar]
Guatemala é un país en vías de desenvolvemento, pero na capital guatemalteca fai contraste o subdesenvolvemento que atravesa o país coa riqueza dalgúns sectores, tal é o caso que a Cidade de Guatemala é unha das máis desiguais de América Latina.
Principais divisións da cidade [editar]
- O centro histórico.
Esténdese polas denominadas zonas 1, 2 e 3 e agrupa a inmigrantes e indixentes. É común atopar nesta área hoteis de 2 e 3 estrelas e predominan no ambiente os "mochileiros" europeos e norteamericanos. A actividade económica é principalmente o comercio informal, existindo varios comercios que son administrados na súa maioría por inmigrantes asiáticos e árabes. Debido a que o casco vello da capital está declarado Patrimonio Nacional, está comunmente dominado por casas vellas e edificios de pouca altura que en ocasións corren risco de caeren.
- Centro cívico.
É unha área sita dentro das zonas 1 e 4 que alberga ás oficinas do Goberno; entre os principais edificios distínguese a Central do Ferrocarril, o Centro Cultural Miguel Ángel Asturias, a Municipalidade de Guatemala, o Banco de Guatemala, o Crédito Hipotecario Nacional, o Ministerio Público, o Ministerio de Finanzas Publicas, a Torre de Tribunais e o Palacio de Xustiza. A ponte Café do ferrocarril serve de división entre o Distrito Cultural, Catro Graos Norte e o Centro cívico.
- Catro Graos Norte.
É unha iniciativa do Instituto Guatemalteco Americano para desenvolver a cultura da cidade dando paso á apertura de teatros (Teatro do IGA, da Industria e Casa da Águia) o complexo consta de varias rúas peonís empedradas onde se sitúan restaurantes de alta cociña e centros culturais coma o IGA, Casa da Águia e Artemis Edinter. Non obstante, dado a súa situación converteuse nun punto de apertura de discotecas, bares e clubs nocturnos, entre os que sobresae Genetic Majestic Club e L'Club, un destinado a homes con tendencias homosexuais e o outro a homes solteiros. No entanto, a ampla gama de lugares que se ofrece converteu a Catro Graos Norte nun punto de reunión para tódalas idades, gustos e tendencias.
- Zona Viva.
É unha área reservada á distracción e á diversión que se sitúa dentro da denominada zona 10 e onde poden atoparse unha ampla gama de restaurantes, bares e clubs nocturnos, así coma discotecas e grandes hoteis e casinos. É a área de recreación nocturna máis importante do país. Entre os principais lugares da zona atópanse Soho, Gabbana, Kaluha, etc.
- Área Comercial Las Majadas.
Sito nas zonas 11 e 7 da cidade, é o complexo comercial máis amplo de Guatemala; contempla no seu interior 15 centros comerciais e hipermercados así coma hoteis de 5 estrelas, sobresaíndo o Grand Tikal Futura Hotel, antes Hyatt Guatemala. Entre os principais centros comerciais atópanse Galerías Primma, Galerías Miraflores, Vía Majadas, etc.
- Distrito Financeiro.
Trátase dun complexo de edificios comerciais de mediana altura adicados ás finanzas e aos negocios que abarca as zonas 4, 5, 9, 10, 11, 13, 14 e 15, estando os principais edificios sitúanse nas cercanías das principais avenidas e bulevares. Neste sector traballan preto do 45% dos habitantes da cidade e sitúanse tamén as embaixadas dos diversos países cos que Guatemala mantén relacións diplomáticas.
Galería [editar]
Cidades Irmás [editar]
Cidade de México, México
A Habana, Cuba
San Xoan, Porto Rico
San Salvador, O Salvador
San Pedro Sula, Honduras
Managua, Nicaragua
San Xosé, Costa Rica
Cidade de Panamá, Panamá
Véxase tamén [editar]
- Concello de Cidade de Guatemala (en castelán).