Ciudad Rodrigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cidade Rodrigo - Ciudad Rodrigo")
Torre da Homenaxe do Castelo de Enrique II

Ciudad Rodrigo é un municipio español na provincia de Salamanca, na Comunidade Autónoma de Castela e León.

Situación e Poboación[editar | editar a fonte]

No seu límite leste, está a unha distancia de 86 km de Salamanca, a capital provincial e a 25 km da fronteira con Portugal (distrito de Garda) polo oeste. Limita ao norte con Abadengo e ao sur coa cacereña Sierra de Gata. Ten os títulos de Cidade Antiga, Nobre e Leal, e ademais é sede episcopal co apelativo de diocese civitatense.

Segundo o censo de 2008 (INE) conta cunha poboación de 13.975 habitantes, dos cales 6.777 son homes e 7.198 son mulleres, nunha superficie de 240,11 km². O gentilicio que reciben estes é o de mirobrigense (ou rodericense ou civitatense, preferíndose este último para designar a toda a poboación da área diocesana). A súa altitude na cabeceira é de 658 msnm.

Outros núcleos de poboación son Águeda del Caudillo (117 hab.), Bocacara (174 hab., 84 homes e 90 mulleres), Ivanrey (71 hab.), Sanjuanejo (74 hab.), Pedro Toro (9 hab.) e Arrabal de San Sebastián (30 hab.). Águeda é un pobo de colonización fundado durante o franquismo, de aí o seu nome. Actualmente é unha pedanía do mesmo xeito que Bocacara. Bocacara era un pobo independente ata mediados do século XIX así como Valdecarpinteros.