Ciclo da Pos-Vulgata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Ciclo da Pos-Vulgata é un importante conxunto de textos literarios medievais sobre as lendas artúricas, escrito orixinalmente en francés entre os anos de 1230 e 1240. Consiste nunha remodelación do Ciclo do Lancelot-Graal (tamén chamado Vulgata, escrita nos anos 1210-1220), con moitos elementos retirados e moitos outros adicionados.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Comparada coa Vulgata, a Pos-Vulgata dá mais unidade ao material da lenda. O material do Libro de Lancelot da Vulgata, que describe o romance pecaminoso entre Lancelot e a raíña Xenebra, foi omitido en gran parte, dandose mais énfase ao libro da Demanda do Santo Graal e aos aspectos cristiáns da historia . Moitos elementos do libro Tristán en Prosa tamén se incorporaron.

A pesar de ser orixinalmente escrito en francés, o ciclo non sobreviveu intacto nesa lingua, mais puide ser reconstruído a partir de fragmentos en francés, galego-portugués e castelán.

A Pos-Vulgata divídese en catro seccións:

  • Historia do Santo Graal: narra como Xosé de Arimatea trouxo o Graal á Gran Bretaña. Difire moi pouco da versión da Vulgata.
  • Historia de Merlim: conta a historia do mago Merlín e as primeiras aventuras de Artur. Tamén pouco difire da Vulgata.
  • Demanda do Santo Graal: narra a busca do Graal e o seu encontro por Galaaz. Esa sección é moi diferente en ton e contido da versión da Vulgata. Inclue varios personaxes que non se encontran na Vulgata, como os cabaleiros Tristán e Palamedes.
  • A Morte do Rei Artur: sobre a morte de Artur por seu fillo Mordred e o colapso do reino. Tamén se asemelha moito á versión da Vulgata, mais o texto está mellor conectado coas seccións anteriores.

En galego-portugués[editar | editar a fonte]

O libro mais orixinal da Pos-Vulgata, a Demanda do Santo Graal, sobrevive nun manuscrito do século XV en galego-portugués medieval, conservado hoxe na Biblioteca Nacional de Viena. A tradución galego-portuguesa da Demanda foi orixinalmente escrita no século XIII e considérase como o manuscrito mais completo deste libro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]