Cicatriz (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cicatriz (banda)")
Cicatriz
Cicatriz.jpg
Cicatriz no gaztetxe de Hondarribia
Información
Orixe Vitoria - Gasteiz, País Vasco País Vasco
Período 1984 - 1994
Xénero(s) Punk (Inadaptados)
Rock Duro-Heavy Metal (os outros dous discos)
Selo(s) discográfico(s)
Membros Nacho Etxebarrieta
Goar Iñurreta
Pakito Rodrigo
Pedro Landatxe
Antigos membros Pepino
Poti
Manolo
El Pesadillas
Web oficial

Cicatriz foi un grupo musical vitoriano (Álava, País Vasco ), primeiramente chamado Cicatriz en la matriz, acurtando máis tarde o seu nome a Cicatriz, encaixado na época do Rock radical vasco, anos 80, encabezado por Nacho Etxebarrieta.

A súa discografía abrangue 4 álbums, tres deles de estudo e o derradeiro en directo. Os catro membros orixinais faleceron vítimas da sida ou por sobredose de heroína.

Índice

[editar] Historia

O grupo formouse en 1983 nun centro de desintoxicación de Vitoria como terapia de grupo.[1][2] Chamáronlle ao grupo Cicatriz en la Matriz, no que cantaban Natxo Etxebarrieta e a súa noiva Poti. Despois duns cambios de formación, o grupo consolidouse con Natxo e Poti como cantantes, Pepino á guitarra, Pakito Rodrigo ao baixo e Pedrito (Pedro Landatxe) á batería, formación coa que gravaron unha maqueta en Pamplona en 1984, con temas que máis tarde recuperarían nos seus álbums oficiais como «Botes de humo», «Cuidado burócratas» ou «Aprieta el gatillo». Ese mesmo año, Poti deixou o grupo.

En 1985, xa co nome de Cicatriz, gravaron a súa primeira referencia, o chamado «Disco de los cuatro» (Soñua), canda Kortatu, Jotakie e Kontuz-Hi!. Cicatriz contribuíron con tres temas: «Escupe», «Cuidado burócratas» e «Enemigo público» (tamén coñecido como «Aprieta el gatillo»). Cicatriz comezan a ser moi coñecidos no País Vasco grazas á súa actitude en constante provocación e aos seus directos.

1986 foi un bo ano para o grupo. Entraron a gravar o seu primeiro LP nos estudios Elkar (Lasarte), da man de Jean Pocas (membro de Potato) como técnico de son e Josu Zabala (de Hertzainak) como produtor. O resultado foi Inadaptados, un álbum que hoxe en día está considerado como un dos máis importantes do punk no Estado español.[3] Ese ano foron escolleitos como o «mellor grupo en directo» polos lectores do diario Egin.[1]

En 1988 produciuse un acontecemento que paralizou a actividade da banda. Natxo tivo un aparatoso accidente en motocicleta polo que foi operado e do que non se recuperou até pasado algún tempo. Ademais, Natxo foi condenado a catro anos, dous meses e un día de cárcere por narcotráfico, ao atoparlle nun control speed que traía de Holanda. Así, até 1991, non aparece o seu segundo traballo, 4 años, 2 meses y 1 día.

A recuperación de Natxo do accidente non foi total, xa que perdeu mobilidade nas pernas e viuse obrigado a andar axudado de muletas. Ese mesmo ano faleceu Pepino, encontrado morto nun servizo por sobredose de heroína.[3] Pepino foi substituído por Goar Iñurreta. Debido ao accidente de moto, Natxo recibira unha indemnización, diñeiro que fora utilizado para costear a gravación do álbum en Londres e para fundar a súa propia discográfica: Zika Records.

En 1992 apareceu o seu último álbum de estudo, Colgado por ti.

En 1993 faleceu Pakito a causa da sida, enfermidade que tamén contraeran Natxo e Pedrito. Este último xa non puidera participar na última xira do grupo, na que se gravou o seu derradeiro disco: En directo (1994).

Despois de aparecer este, morrerían Pedrito e Natxo, debido á sida.

[editar] Membros

[editar] Outros membros

  • La Poti (1983-1984) - Voz
  • Manolo (1983) - Batería
  • El Pescadilla (1983) - Baixo
  • Dieguillo (1994) - Baixo
  • Pedro Rock Dam (1994) - Batería
  • Pepino (José Arteaga) (1984-1988) - Guitarra

[editar] Discografía

[editar] Álbums

[editar] Discos compartidos

[editar] Notas

  1. 1,0 1,1 Biografía de Cicatriz, en Apunkalipsis, 2006.
  2. Biografía de Cicatriz, en Esquinas Rotas.
  3. 3,0 3,1 Babas, Kike e Turrón, Kike: «10 de los discos (probablemente) más influyentes del punk-rock ibérico», en Todas las novedades 128: setembro de 2004.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas