Cian (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cian, fillo de Dian Cecht, dos Tuatha Dé Danann, é más coñecido coma o pai de Lugh xunto coa princesa fomoriana Ethniu.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Naceu co saco amniótico intacto na súa cabeza, cando era novo pegóuselle coa variña dun druída e iso o converteu nun porco. Logo diso podíase transformar en porco á súa vontade. Noutras versións podíase transformar en can.

Segundo unha profecía, Balor, o rei dos Fomoré, debía ser matado polo seu neto. Pechou á súa filla, Ethniu, nunha torre feita de cristal para evitar que quedase preñada. Sen embargo, Cian, coa axuda da druída Birog, conseguiu entrar na torre. Ethniu pronto dou a luz a tres fillos. Balor tirounos ao océano: dous afogaron ou se converteron en focas, mais un, Lugh, foi salvado por Birog e o fixeron fillo adoptivo de Manannan mac Lir. Segundo unha versión da lenda, Cian seduciu a Ethniu en vinganza logo do roubo da súa vaca por Balor.

Cian foi matado polos fillos de Tuireann, Brian, Iuchar e Iucharba, logo de tentar sen éxito escaparse deles baixo a forma dun porco. Lugh fiou unha serie de buscas aparentemente imposibles como indemnización. Acadáronas todas, mais foron fatalmente feridos na realización da última. A pesares das súplicas de Tuireann, Lugh negoulles o uso dun dos artigos que recuperaran, unha pel de porco máxica que curaba todas as feridas. Morreron a causa das súas feridas e Tuireann morreu de tristeza sobre os seus corpos.[2]

O nome Cian noméase tamén na Historia Brittonum de Nennio coma poeta galés contemporáneo de Aneirin e Taliesin (antes do 1100).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lebor Gabála Érenn. R. A. Stewart Macalister (ed./trans.). Part IV. Irish Texts Society, Dublin, 1941. § VII.
  2. "The Children of Tuireann". P.W. Joyce (translator). 1879. Old Irish Romances. C. Kegan Paul & Co.