Churchkhela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Churchkhela.jpg
Este artigo amosa letras xeorxianas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Churchkhela (tamén escrito churchkhella, en xeorxiano: ჩურჩხელა) é un doce típico de Xeorxia, moi popular en países como: Xeorxia, Armenia, Grecia, Turquía, Casaquistán e Chipre.

Os principais ingredientes son mosto de uva, noces e fariña. Améndoas, noces, e ás veces pasas son introducidas nunha corda, mollanse en mosto espesado con fariña nun caldeiro, sacase con forma de salchicha e déixase secar.

Galería de Imaxes[editar | editar a fonte]