Chula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chulas americanas con arandos (Blueberry pancakes)

A chula[1] é unha torta elaborada con fariña, ovos e leite, que se frixe na tixola e á que se lle pode engadir azucre. É un doce semellante á filloa, porén máis pequeno e groso. É unha sobremesa tradicional de Galiza e das súas zonas de influencia, porén existen variantes en todo o mundo coñecidas coma pancakes en inglés, tortitas en español, e blini (Блины) en ruso.

O termo galego chula é moi xenérico, e refírese a calquera masa feita na tixola con ovo: pan rebozado en ovo, frito en aceite; torta de arroz; e as máis das veces defínese coma unha albóndega esmagada de carne ou peixe picado que se forma con ovo batido e especias, o que se coñece hoxe coma unha hamburguesa[2][3].

Orixe[editar | editar a fonte]

Xa os antigos gregos facían tortas semellantes ás chulas e filloas.

En Galiza seica a súa orixe proveña da celebración do Samaín[4] a festa celta do final da colleita; que derivou no actual Entroido. Nalgúns concellos galegos, o mesmo que ocorre coas filloas, realízanse certames gastronómicos dedicados ás chulas coma o da parroquia de Moscoso no Concello de Pazos de Borbén.[5][6]

Preparación[editar | editar a fonte]

A chula máis sinxela, leva como ingredientes leite, fermento, ovo e azucre. O xeito de preparación consiste en preparar a masa e deixala repousar polo menos unha hora para que levede. Vértese o aceite na tixola para a masa aboie, e se empeza a cociñar no intre no que estea moi quente. Finalmente adóitase servir con azucre ou canela por riba.[7] É a receita típica de Ourense, ou en lugares como Casfigueiro ou Xegunde en Lugo.

Segundo a zona varía a receita; algunhas inclúen calacú, arroz, grelos, canela ou reladura de limón.

Variantes[editar | editar a fonte]

Pancakes (chulas canadenses) con xarope de pradairo.

Doces semellantes ás chulas existen hoxe en día en todo o mundo, sendo zonas de orixe Rusia e Gran Bretaña. En ruso coñécense coma blini (Блины) e cómense polo almorzo con crema agria. En inglés coñécense coma pancakes ( Nos Estados Unidos tamén hotcakes, griddlecakes, ou flapjacks). En castelán coñécense coma tortitas (España), panqueques ou panquecas (América Latina)[8], e en todos os casos consiste nun pan plano redondo doce, cuxa masa base contén usualmente leite, manteiga, ovos, fariña, fermento, azucre e quizais unha especia, esencia ou extracto (canela, por exemplo).

Chulas con nata montada e amorodos.

Acompáñanse normalmente de nata, marmelada, crema inglesa, compota e xaropes (amorodo, chocolate, pradairo, caramelo, etc.), doce de leite (América latina). Adóitanse tomar de sobremesa, aínda que ás veces se toman polo almorzo ou a merenda. En América Latina os canelóns tamén se preparan coa masa de panqueque enrolándoa e enchéndoa de acelga, ricota ou polo. En México chámanse hotcakes, sendo almorzos populares nos restaurantes de todo o país. En Australia e Nova Zelandia, pequenas chulas (de aproximadamente 75 mm de diámetro), coñecidas como pikelets tamén son de alto consumo, servidas con marmelada ou unicamente con manteiga durante o do serán ou da mañá.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición en Portal das Palabras da RAG - http://portaldaspalabras.org/buscador?palabra=chula&sinom=0&homonimo=
  2. X. L. Franco Grande (1972): Diccionario galego-castelán, 2ª ed., Galaxia, Vigo
  3. Vocabulario ortográfico da lingua galega A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  4. Web sobre un tipo de Chula
  5. Noticia da XI Festa da Chula
  6. Artigo sobre as chulas na páxina web do Concello
  7. Receita sinxela
  8. DRAE: Panqueca