Chrysiogenetes
| Chrysiogenetes | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | |||||||||||
|
|||||||||||
| Xéneros | |||||||||||
|
Chrysiogenes Macy et al. 1996 |
|||||||||||
Os Chysiogenetes son un pequeno filo de bacterias introducido recentemente, que comprende só unha familia con tres xéneros: Chrysiogenes, Desulfurispira e Desulfirispirilum.
Chrysiogenes arsenatis foi illada na auga residual dunha mina de ouro australiana, e do seu xénero deriva o nome do filo (do grego chruseion, mina de ouro ; Chrysiogenes = surxida dunha mina de ouro). É anaeróbica e reduce o arsénico, que funciona como aceptor final de electróns, usando o acetato e outros produtos orgánicos como doantes de electróns e de carbono. Pode reducir o nitrato a amoníaco vía nitrito. As súas secuencias de ARNr de 16 S eran únicas, polo que se clasificou no seu propio filo. Posteriormente describíronse os outros dous xéneros. [1]
Índice |
Filoxenia [editar]
O cladograma mostra a taxonomía actualmente aceptada deste grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [2] e a filoxenia está baseada nas secuencias do ARNr de 16 S do LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree Project. [3]
|
Chrysiogenes arsenatis Macy et al. 1996 |
|||||||||||||
|
|||||||||||||
Notas [editar]
- ↑ J. M. Macy, K. Nunan, K. D. Hagen, D. R. Dixon, P. J. Harbour, M. Cahill, L. I. Sly. Chrysiogenes arsenatis gen. nov., sp. nov., a New Arsenate-Respiring Bacterium Isolated from Gold Mine Wastewater. IJSEM [1].
- ↑ Ver List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Datos de "Chrysiogenetes". http://www.bacterio.cict.fr/classifphyla.html#Chrysiogenetes. Consultado o 6 xullo 2012.
- ↑ Ver All-Species Living Tree Project [2]. Datos de "16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)". Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database. http://www.arb-silva.de/fileadmin/silva_databases/living_tree/LTP_release_106/LTPs106_SSU_tree.pdf. Consultado o 6 xullo 2012.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- NCBI webpage on Chrysiogenetes Datos de "NCBI Taxonomy Browser". National Center for Biotechnology Information. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/taxonomyhome.html/index.cgi. Consultado o 2011-06-05.