Christine Lagarde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChristine Lagarde

(2023) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Christine Madeleine Odette Lallouette Editar o valor em Wikidata
1 de xaneiro de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
9.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente do Banco Central Europeu (pt) Traducir
1 de novembro de 2019 –
← Mario Draghi
Managing Director of the International Monetary Fund (en) Traducir Fondo Monetario Internacional
5 de xullo de 2011 – 12 de setembro de 2019
Ministro da Economia, Finanças e Indústria (pt) Traducir
14 de novembro de 2010 – 29 de xuño de 2011
← Christine LagardeFrançois Baroin (pt) Traducir →
Membro do consello directivo Institut d'études politiques d'Aix-en-Provence (pt) Traducir
2010 –
Ministro da Economia, Finanças e Indústria (pt) Traducir
18 de xuño de 2007 – 14 de novembro de 2010
← Jean-Louis Borloo (pt) TraducirChristine Lagarde →
Gabinete ministerial: Government of François Fillon II (en) Traducir
Ministro da Agricultura e Pescas (pt) Traducir
18 de maio de 2007 – 18 de xuño de 2007
← Dominique BussereauMichel Barnier →
Gabinete ministerial: Government of François Fillon I (en) Traducir
Presidente Baker & McKenzie (pt) Traducir
outubro de 1999 –
Trainee (pt) Traducir Capitolio dos Estados Unidos
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLe Havre
Bethesda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Paris X - Nanterre (pt) Traducir - lingua inglesa, dereito
Universidade de París
Instituto de Estudos Políticos de París
Institut d'études politiques d'Aix-en-Provence (pt) Traducir - Mestrado
Holton-Arms School (en) Traducir
Aix-en-Proven Université d'Aix--Marseille III (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , política , nadadora de natação sincronizada (pt) Traducir , diplomática , avogada , banqueira Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBaker & McKenzie (pt) Traducir, avogada (1981–2005) Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión por un Movemento Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deportenatación sincronizada
natación Editar o valor em Wikidata
Participou en
16 de xaneiro de 2023World Economic Forum Annual Meeting 2023 (en) Traducir
20 de xaneiro de 2020World Economic Forum Annual Meeting 2020 (en) Traducir
22 de xaneiro de 2019World Economic Forum Annual Meeting 2019 (en) Traducir
23 de xaneiro de 2018World Economic Forum Annual Meeting 2018 (en) Traducir
17 de xaneiro de 2017World Economic Forum Annual Meeting 2017 (en) Traducir
20 de xaneiro de 2016World Economic Forum Annual Meeting 2016 (en) Traducir
21 de xaneiro de 2015World Economic Forum Annual Meeting 2015 (en) Traducir
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014
21 de xaneiro de 2004World Economic Forum Annual Meeting 2004 (en) Traducir
IMF 2021 Annual Meetings (en) Traducir
IMF 2018 Annual Meetings (en) Traducir
World Economic Forum Annual Meeting 2013 (en) Traducir
Global Conference 2019 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor (1982–década de 1990), divorcio
Q113585479 Traducir Editar o valor em Wikidata
ParellaXavier Giocanti (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1756660 Twitter: lagarde LinkedIn: christinelagarde Editar o valor em Wikidata
Christine Lagarde en 2009

Christine Lagarde, nada Christine Lallouette o 1 de xaneiro de 1956 no Noveno Distrito de París, é unha avogada e política francesa.

Dende o 5 de xullo de 2011 até o 16 de xullo de 2019 foi directora xeral do Fondo Monetario Internacional (FMI), sendo a primeira muller designada para este posto. Dende o 1 de novembro de 2019 é presidenta do Banco Central Europeo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mocidade e estudos[editar | editar a fonte]

Christine Lallouette naceu en 1956, a maior de catro irmáns, Luc, Rémi e Olivier. Pasa parte da súa infancia e mocidade na cidade do Le Havre, onde estuda nos institutos Francisco I e Claude Monet. De moza practica a natación sincronizada e chega a ser seleccionada polo equipo de Francia de grupos de idade, logo de quedar terceira nun campionato nacional júnior. Con 17 anos mórrelle o pai, e en 1974 obtén unha bolsa e decide marchar un ano aos Estados Unidos grazas á asociación AFS. Estuda na Holton Arms School de Bethesda (Maryland) e fai unha estadía no Capitolio como asistente parlamentaria dun dos representantes republicanos de Maine, William S. Cohen, que chegará a ser logo secretario de Defensa con Bill Clinton.

De volta a Francia, estuda no Instituto de Estudos Políticos de Aix-en-Provence e, ao que se licencia, tenta acceder á prestixiosa Escola Nacional de Administración de París. Non o consegue, mais obtén un diploma de inglés, de dereito e de dereito social na Universidade de París X, que lle permiten incorporarse a esta mesma universidade como docente. Volve tentar acceder á ENA e suspende de novo, co que desiste e dedícase profesionalmente á avogacía.

Carreira de avogada en Francia e nos Estados Unidos[editar | editar a fonte]

En 1981 comeza a traballar no bufete parisiense de Baker & McKenzie, onde comeza a progresar. Primeiro como socia do bufete francés 1987, logo como xerente en 1991, a partir de 1995, membro do seu consello de dirección internacional, con sede en Chicago e en 1999 consegue ser a presidenta do consello de dirección. Durante a súa xestión o bufete Baker & McKenzie dobrou o seu volume de traballo e pechou o exercicio de 2004 cuns beneficios de 1.228 millóns de facturación. En 2002 The Wall Street Journal clasifícaa de quinta no clasificación das máis exitosas mulleres de negocios de Europa.

Durante esta época tamén é membro do think-tank Center for Strategic and Internacional Studies (CSIS), onde aborda principalmente temas relacionados coa economía e a defensa de Polonia; preside o comité Estados Unidos-Europa-Polonia canda Zbigniew Brzezinski. En 2004, recibe a súa primeira honra de importancia, cando Jacques Chirac lle concede a orde de cabalería da Lexión de Honra. En 2004 deixa Baker & McKenzie e en 2005 incorpórase ao consello asesor do banco neerlandés ING Group, posto que ocupa ata a súa entrada na política.

Ministra[editar | editar a fonte]

Christine Lagarde con Dominique Strauss-Kahn (entón director xeral do FMI), o 3 de outubro de 2009 en Istambul.

En 2005, só uns meses despois de comezar a traballar en ING, o daquela primeiro ministro de Francia Jean-Pierre Raffarin convídaa a que deixe os Estados Unidos e volva a Francia. Cando o fai, incorpórase como secretaria de estado (con rango de ministro en Francia) de Comercio exterior, ás ordes do recentemente designado primeiro ministro Dominique de Villepin. Dous días despois do seu nomeamento, posiciónase a favor de simplificar a normativa laboral francesa que, na súa opinión, «constitúe un freo á contratación», polo que recibe numerosas críticas, entre elas do propio Villepin.

Ocupa o cargo durante dous anos ata que, a un mes das eleccións lexislativas francesas de xuño de 2007, cae o goberno Villepin e o novo primeiro ministro, François Fillon, a nomea ministra de Agricultura. O goberno permanece no seu posto un mes, ata as eleccións, e posteriormente Fillon realiza unha reforma da distribución dos ministerios onde Lagarde accede ao posto de ministra de Economía, Facenda e Traballo, en substitución de Jean-Louis Borloo. Era a primeira muller en ningún dos países do G8 en asumir o cartafol económico. Na reforma do executivo que encabeza Fillon en 2008 mantén a carteira de Economía, pero entón chamada ministra da Economía, Industria e Traballo.

O presidente Nicolas Sarkozy encárgalle reformas económicas e ela impulsa unha lei de reforma e simplificación fiscal, coñecida como Lei TEPA, e unha lei de modernización da economía. Tamén avogou por unha simplificación administrativa, concentrando os órganos que se vían envoltos no traballo e no desemprego.

Nas eleccións municipais de 2008 ocupa a segunda praza na candidatura do conservador UMP que encabeza Jean-Marie Cavada ao distrito País XII, máis nese caso resulta vencedor o Partido Socialista, e Cavada e Lagarde pasan a ocupar escanos da oposición.

Christine Lagarde nun mitin da UMP, o 18 de febreiro de 2010.

No verán de 2010 empeza a soar o seu nome como posíbel sucesora de François Fillon no cargo de primeiro ministro. Os ruxerruxes da prensa rematan cando Sarkozy lle encomenda de novo formar goberno a François Filllon, que seguirá tendo a Lagarde como ministra de Economía, mais xa exonerada do cartafol de Traballo, para o que se crea un novo ministerio. En 2011 o fiscal xeral de Francia ordena abrir unha investigación por un suposto abuso de autoridade no proceso de arbitraxe do caso Bernard Tapie.

O FMI[editar | editar a fonte]

O 18 de maio de 2011, a Dominique Strauss-Kahn, o político socialista francés que dirixía o Fondo Monetario Internacional, acúsano de agresión sexual en Nova York, e ás poucas horas dimite. Dende ese momento Christine Lagarde é considerada a favorita para substituílo á súa fronte [1]. O día 25 Lagarde anuncia oficialmente a súa candidatura á dirección xeral e durante o cumio do G8 que se celebra precisamente en Francia recibe o apoio da Unión Europea, Estados Unidos e Rusia. Durante a súa campaña realizou unha xira polos países emerxentes, aos que lles prometeu unha maior representación nos órganos de decisión do FMI. O 28 de xuño é finalmente escollida en detrimento do gobernador do Banco de México, Agustín Carstens. É a primeira muller en resultar elixida para o posto, e a segunda en ocupalo, logo da interinidade de dous meses da estadounidense Anne Krueger. O cargo ten unha vixencia de cinco anos.

Galardóns e recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2006, a revista Forbes considéraa a trixésima muller máis poderosa do planeta[2]. Ao ano seguinte ascende ao posto 12º —a terceira en Europa— e segunda en Francia tras Michèle Alliot-Marie. En 2009 a revista Time sinálaa entre as 100 persoas máis influentes do mundo. En 2009 tamén o Financial Times a considera ministra de economía do ano.

Tamén é Presidenta desde xullo de 2010 do consello de administración do Instituto de estudos políticos de Aix-en-Provence, sucedendo a Philippe Séguin, falecido durante o seu mandato.

Está en posesión da Orde da Lexión de Honra.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Fala inglés con moita fluidez, e é a súa lingua de traballo tamén no ministerio de Francia, razón pola que foi cuestionada pola oposición.

Do seu primeiro home ten dous fillos, nados en 1986 e 1988. O seu compañeiro é o contratista Xavier Giocanti.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Dominique Strauss-Kahn
 Directora xeral do FMI 
2011 - 2019
Sucesor:
Kristalina Georgieva