Christian Otto Mohr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Christian Otto Mohr

Christian Otto Mohr (8 de outubro de 1835, Wesselburen - † 2 de outubro de 1918, Dresde) foi un enxañeiro civil alemán, un dos máis celebrados do século XIX.

Vida [editar]

Mohr pertenceu a unha familia terratenente de Wesselburen na rexión de Holstein e estudou na Escola Politécnica de Hannóver.

A comezos de 1855, durante os primeiros anos da súa vida laboral estivo traballando no deseño de vías de ferrocarriles par as vías dos estados de Hannóver E Oldenburg na actual Baixa Saxonia , deseñando algunhas pontes famosas e creando algún dos primeiros armados de aceiro.

Aínda nos seus primeiros anos construíndo vías de tren, Mohr sentíase moi interesado polas teorías de mecánica e a resistencia de materiais e no 1867, fíxose mestre de mecánica no Politécnico de Stuttgart e no 1873 no Politécnico de Dresde. Mohr tiña un estilo directo e sinxelo que era moi popular entre os seus estudantes.


Logros científicos [editar]

En 1874, formalizou, a até entón só intuitiva, idea dunha estrutura estaticamente indeterminada (hiperestática).

Mohr foi un entusiasta das ferramentas gráficas e desenvolveu un método para representar de xeito visual as tensións en tres dimensións, previamente proposto por Carl Culmann. En 1882 desenvolveu o método gráfico en duas dimensións para a análise do tensor de tensións, coñecido coma círculo de Mohr e o usou para propor a nova teoría de resistencia de materiais, baseada no esforzo cortante. Tamén desenvolveu o diagrama Williot-Mohr para o desprazamento de armaduras e a teoría de Maxwell-Mohr para a análise de estruturas estaticamente indeterminadas.

Retirouse no 1900 e morreu en Dresde en 1918.


Véxase tamén [editar]