Chris Isaak
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Christopher Joseph Isaak, coñecido como Chris Isaak, nado en Stockton, California, o 26 de xuño de 1956, é un músico de rock e actor ocasional estadounidense. Composicións súas son Blue Hotel, Wicked game ou o tema Baby did a bad, bad thing, sendo esta última incluída no filme Eyes Wide Shut de Stanley Kubrick. Así mesmo, ten traballado con David Lynch e feitas algunhas aparicións esporádicas en televisión, como na serie norteamericana Friends.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Chris Isaak.com - Sitio oficial (en inglés)
- Chris Isaak na TV.com (en inglés)