Chonchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chonchi
[[Ficheiro:Escudo Chonchi.png|130px]] [[Ficheiro:Chile Chiloe Island.png|90px]]
Situación xeográfica
Comuna Chonchi.png
País Flag of Chile.svg Chile
Rexión Los Lagos
Provincia Chiloé
Xeografía
Altitude msnm
Superficie 1.362 km²
Poboación
Poboación 12.572 hab. ([2002]])
Densidade 9,2 hab./km²
Xentilicio Chonchino/a
Información
Código postal
Alcalde Pedro Andrade Oyarzún (2009-2012)
Páxina web

Chonchi é unha comuna chilena da X Rexión dos Lagos, localizada na Illa Grande de Chiloé. A súa capital é o pobo homónimo, fundado como San Carlos de Chonchi o 3 de agosto de 1767. No censo do ano 2002 a comuna tiña 12.572 habitantes, dos cales un 36,5% habitaba o sector urbano.

A comuna limita polo norte con Castro e polo sur con Queilen e Quellón. A única illa menor que posúe é o illote de Linlinao. Dentro da comuna está Cucao, que é o único poboado na costa occidental da Illa Grande e a entrada ao Parque Nacional Chiloé. Entre Cucao e Chonchi, está o lago dobre Huillinco-Cucao e xunto a el, o pobo lacustre de Huillinco.

O pobo de Chonchi é chamado Cidade dos Tres Pisos, pois está construído sobre tres terrazas naturais. A súa igrexa de madeira é unha das 16 do Arquipélago que foron declaradas Patrimonio da Humanidade. Dentro da comuna, a outra igrexa que posúe esta categoría é a de Vilupulli, coñecida pola súa esvelta torre. Tamén hai grandes casas de madeira construídas a principios do século XX durante o auxe da explotación do ciprés das Guaitecas. O fortín Tauco é unha batería en ruínas que defendía a entrada a Castro durante a Colonia, pero nunca chegou a usarse.

Roscas chonchinas.

Dúas receitas típicas da cociña chonchina son o licor de ouro, feito de leite, azafrán e ovo, e as roscas chonchinas, que logo de ferver unha masa, fanse no forno.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Chonchi