Lingua ch’ol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Chol»)
Ch’ol
Outros nomes:Chol
Falado en: México
Rexións: Chiapas e Tabasco
Total de falantes: 185.300
Posición: Non está entre as 100 maiores linguas
Familia: Linguas maias
 Cho'l-tzeltal
  Chol-chontal
   Ch’ol
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: En México ten recoñecemento como lingua nacional
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ctu
Mapa
Status

O ch'ol ou chol, é unha lingua maia falada polos pobo ch'ol, que habitan principalmente no estado mexicano de Chiapas (sobre todo nos municipios de Tumbalá, Yajalon, Tila, Sabanilla, Salto de Agua, Playas de Catazaja' e Palenque), existindo tamén unha comunidade importante no municipio de Balancán, Tabasco. Pertence ao grupo ch'ol da familia maia. Sostívose, que esta lingua, xunto co chontal e o ch’olti’, estaría relacionada coa lingua maia clásica.[1]

No ch'ol pódense distinguir dous dialectos:

  • Ch'ol de Tila, falado por case 44 mil persoas, cun índice do 25% de monolingüismo. Esta variedade emprégase principalmente no municipio de Tila, en Chiapas.
  • Ch'ol de Tumbalá, falado por 90 mil persoas no municipio de Tumbalá, tamén en Chiapas. O índice de monolingüísmo dos falantes desta variedade é do 30% aproximadamente.

Morfoloxía e sintaxe[editar | editar a fonte]

O ch'ol, ao igual que as demais linguas maias, é unha lingua aglutinante, é dicir, que aglutina a un radical (verbo, substantivo ou adxectivo), marcas de axente (o que realiza a acción verbal), de suxeito (o posuidor do obxecto ou relación persoal), a través dun sistema de sufixos e prefixos.

Numerais[editar | editar a fonte]

O sistema de numeración do ch'ol é vixesimal (de base 20), como sucede nas outras linguas maias, e en xeral, nas linguas mesoamericanas. A razón obedece a que estas linguas basean o seu sistema numérico no número de dedos e dedas que ten o ser humano. Os vinte primeiros números son:

1 jump'ej
2 cha'p'ej
3 uxp'ej
4 chänp'ej
5 jo'p'ej
6 wäkp'ej
7 wukp'ej
8 waxäkp'ej
9 bolomp'ej
10 lujump'ej
11 junlujump'ej
12 cha'lujump'ej
13 uxläjump'e
14 chänlujump'ej
15 jo'lujump'ej
16 wäklujump'ej
17 wuklujump'ej
18 waxäklujump'ej
19 bolomlujump'ej
20 junk'al

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Houston, S., O. Chinchilla, Stuart D. "The Decipherment of Ancient Maya Writing", U. of Oklahoma Press, 2001.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Centro Estatal de Lengua, Arte y Literatura Indígena, Chiapas, México Páxina Web do CELALI (en lingua ch'ol)