Chocalla
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Chocallo")
Denomínase chocalla, chocallo ou choca á campaíña metálica, feita con chapa de ferro ou cobre, que pendura do pescozo dalgúns animais e que serve para saber onde paran e para podérense vixiar con maior facilidade. En Galiza, amais de nas vacas, tamén é habitual o emprego de chocallas en cabras, carneiros e outros ruminantes.
Índice |
Refraneiro [editar]
- Quen perde o almallo, búscalle o chocallo.
- Chocallo de prata e bois rombós son as boas señaes do labrador.
- Chouco, chouco, chouco, os chocallos meus e as vaquiñas doutro.
- Ao que ten pouco bois, antóxanselle os chocallos.
- A boi vello, chocallo novo.
- Boi sen chocallo pérdese polo atallo.
- ¿Sona o chocallo? Gado vén.
- Onde vai o chocallo vai o fato.