Chirimía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flageolets
Flageolettflöjt 1800-talet - Collection privée Dominique Enon

A chirimía ou flageolet é unha pequena frauta aguda con embocadura de asubío e seis furados. Tócase como a frauta doce. Este instrumento descende da antiga frauta de bisel, chamada así porque a embocadura dirixe o aire contra unha beira afiada ou bisel.

Nos séculos XVII a XIX foi considerada un xoguete. Porén, Johann Sebastian Bach e Georg Friedrich Händel usárana na orquestra barroca e en Francia tocábase en contradanzas e outros bailes. Hoxe é un dos instrumentos folclóricos máis importantes da música irlandesa.