Chet Atkins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chester Burton "Chet" Atkins
(Non ten imaxe no Commons)
Profesión: músico e produtor musical
País: Estados Unidos de América Estados Unidos
Nado en: 20 de xuño de 1924
Lugar de nacemento: Luttrell, Tennessee
Faleceu en: 30 de xuño de 2001
Lugar: Nashville Tennessee

Chester Burton "Chet" Atkins (1924-2001) foi un influente guitarrista e produtor musical do xénero country. O seu estilo, inspirado por Merle Travis, Django Reinhardt, George Barnes e Lles Paul - tróuxolle admiradores, dentro e fóra da escena dos Estados Unidos. Atkins produciu discos para Elvis Presley, Eddy Arnold, Don Gibson, Jim Reeves, Connie Smith e Waylon Jennings. El creou, xunto a Owen Bradley, o estilo de música country máis suave coñecido como o son de Nashville, que ampliou a admiración da música country, incluíndo a admiradores de música pop adultos.