Chester Nimitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chester William Nimitz nado o 24 de febreiro 1885 en Fredericksburg (Texas-Estados Unidos) e finado en Yerba Buena Island (California-Estados Unidos) o 20 de febreiro se 1966 foi un almirante estadounidense

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Retrato de Nimitz como Almirante da Mariña estadounidense

Graduouse na Academia Naval. Durante a Primeira Guerra Mundial serviu na flota submarina do Atlántico. Posteriormente foi nomeado comandante da I división de Acoirazados e xefe da Oficina de Navegación

Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

Tras o ataque xaponés a Pearl Harbour en decembro de 1941, foi nomeado comandante en xefe da flota do Pacífico. Procurou manter a moral e a operatividade da armada americana ante os avances fulgurantes dos xaponeses en tódalas frontes. Para iso ordenou unha guerra submarina sen restricións e ofensivas con portaavións contra bases terrestres.

Unha vez que a industria de guerra estadounidense conseguiu recuperarse dos primeiros desastres provocados polas vitorias xaponesas, Nimitz asestou un golpe crucial no corazón do Pacífico na batalla de Midway (xuño de 1942). Seguidamente, pasou á contraofensiva mediante asaltos ás Illas Aleutinas, Gilbert, Marshall e Marianas. Uniuse ao avance americano no Pacífico Sudoccidental das tropas de Douglas MacArthur na colosal batalla do Golfo de Leyte, que acabou coa capacidade ofensiva nipona e cortou o fornecemento dos xaponeses que ocupaban Indonesia e Indochina. Emprendéronse logo os desembarcos de Iwo Jima e Okinawa, dobregando con gran custe de homes e recursos a teimuda resistencia nipona e minando os seus peiraos.

Finalmente, o 2 de setembro de 1945 asinou a acta de rendición xaponesa a bordo do Missouri.

Últimos servizos[editar | editar a fonte]

A súa defensa da guerra submarina sen restricións influíu para que o almirante alemán Karl Dönitz vise unha condena de só 10 anos nos xuízos de Nüremberg.

A ONU nomeouno presidente da Comisión para dirimir os conflitos territoriais entre a India e Pakistán

Presidiu o Comité Federal de Seguridade Interior creado por Harry S. Truman. Foi reitor da Universidade de California