Chequia - Česko

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Česká republika
República Checa
Lema: Pravda vítězí
(Checo: A verdade prevalece)
Lingua oficial Checo
Capital Praga
Presidente Václav Klaus
Primeiro-ministro Mirek Topolánek
Área
- Total
- % auga
114º maior
78,866 km²
2%
Poboación
- Total (2000)
- Densidade
76º máis poboado
10,264,212
130 h/km²;
Independencia
- Data
Na división de Checoslovaquia,
1 de xaneiro de 1993
Moeda Coroa checa (koruna)
Fuso horario UTC +1
Hino nacional Kde domov můj
TLD (Internet) .CZ
Código telefónico 420

A República Checa (en checo: Česká republika) ou Chequia (en checo: Česko ou Czechia) é un país do centro de Europa, limitado ao norte por Polonia, ao leste por Eslovaquia, ao sur por Austria e ao noroeste por Alemaña. Está formado polas rexións históricas de Bohemia, Moravia, partes de Silesia e partes da Baixa Austria. O 1 de maio de 2004 pasou a formar parte da Unión Europea.

Índice

[editar] Historia

Primeiramente Principado, logo Reino Checo, 1621-1918 parte do Impero Austriaco. En 1918 despois da primeira guerra mundial formou, xunto con Eslovaquia, a Checoslovaquia (1918-1992) 1939-1945 ocupado por Alemaña, 1948-1989 rexime comunista. O 1 de xaneiro do 1993 separáronse a Chequia e Eslovaquia. Dende 2004 é membro da UE.

[editar] Política

A forma do Estado é a República parlamentaria cunha Constitución ratificada en 1992 e que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1993 que recoñece o sistema multipartidista e as libertades fundamentais..

O xefe de Estado é o Presidente, que é elixido en sesión conxunta polas dúas cámaras cada cinco anos. Actualmente é Václav Klaus. Non pode gobernar máis de dúas lexislaturas seguidas.

O xefe do goberno é o Primeiro Ministro que sae da lista máis votada nas eleccións xerais ó Parlamento (ou dunha coalición de partidos, como o modelo galego). Esta votación realízase cada catro anos. Actualmente é Jiří Paroubek.

Sistema bicameral:

  • Cámara de Deputados (Poslanecká sněmovna): 200 escanos, mandato de catro anos. Os partidos deben acadar un mínimo do 5% dos votos para ter representación.
  • Senado (Senát): 81 escanos, mandato de seis anos. Cada dous anos renóvanse 27 escanos senatoriais.

En 1999 ingresou na OTAN e en 2004 converteuse en membro de pleno dereito da UE. Chequia foi o primeiro país ex-comunista en recoñecer un estatus legal ás parellas do mesmo sexo (2006).

[editar] Subdivisións

Administrativamente, Chequia divídese en trece rexións (kraje) maila capital (Hlavní město):

Rexións:

Capital:

  • Praga (Hlavní město Praha)

Antigamente dividíase en Bohemia (Cechy), Moravia (Morava) e Silesia (Slezsko).


 
Rexións históricas na actual República Checa
Bohemia Moravia Silesia


[editar] Xeografía

Ó oeste, Bohemia atópase nunha depresión, irrigada polos ríos Elba e Vltava, rodeados polos Sudetes e polos Karkonosze. Nesta última cordilleira atópase o punto máis alto, o monte Sněžka con 1.602 m.

Moravia, no leste, é unha rexión máis escarpada, o río principal é o Morava, pero tamén está o nacemento do río Oder.

O clima é temperado, con veráns cálidos e invernos húmidos e fríos.

[editar] Economía

Véxase: Economía da República Checa

[editar] Demografía

O 95% da poboación é étnica e lingüisticamente checa. Minorías a destacar son alemáns, xitanos e polacos. Os eslovacos non chegan ó 2%. Dende a disolución de Checoslovaquia os cidadáns da antiga república podían cruza-la fronteira en ámbolos dous sentidos.

No distrito de Český Těšín os polacos constitúen entre o 10 e o 45% da poboación, o idioma polaco é cooficial en varios concellos do distrito e é aprendido en escolas públicas.

Os alemáns constituían ata o fin da Segunda Guerra Mundial case a terceira parte da poboación, segundo o censo de 2001 só en 13 concellos os alemáns superan o 10% da poboación.

A relixión maioritaria e a católica (27%) a maioría da poboación considérase non relixiosa (59%).

En xullo de 2005 a poboación era de 10,241,138 cunha esperanza media de vida de 76 anos.

[editar] Cultura

Feriados
Data Nome en galego Nome local Observacións
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Referencias

[editar] Ligazóns externas


Unión Europea
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007:
Bulgaria | Romanía
Países candidatos:
Croacia | Macedonia | Turquía


Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía


Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

Ferramentas persoais
Outras linguas