Chelbacheb
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Chelbacheb | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Palau - Belau |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Chelbacheb |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitadas |
| Superficie | 47 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 7°14′N 134°18′E / 7.233°N 134.3°E |
| Maior Altura | 207 m. |
| Localización | |
As Illas Chelbacheb (tamén coñecidas como Illas Roca) son un pequeno arquipélago de 200 a 300 illas de pedra calcaria en Palau, entre as illas de Koror e Peleliu. As illas están formadas dun arrecife de coral parcialmente emerxido e están deshabitadas, pero son famosas polas súas praias e bosques tropicais e pola peculiar forma na maioría das illas.
O arquipélago divídese en sete grupos distribuídos de norte a sur.
- Illas Ulubsechel (6 km²): situado ao noroeste e xusto ao sur da illa de Koror. Está conformado por 20 illas;
- Illas Urukthapel ou Ngeruktabel (25 km²): ao suroeste de Ulubsechel e conformado por 80 illas, do cal sobresae a illa de Ngerukthable;
- Illas Ulong (0,08 km²): quince illas situadas ao oeste de Urukthapel;
- Illas Mecherchar (19 km²): 70 illas situadas ao sur de Ngeruktabel, do cal sobresae a illa de Eil Malk. Nesta illa está situado o chamado Lago das Medusas.
- Illas Ngerukeuid ou Seventy Islands (0,2 km²): 40 illas situadas ao oeste de Mecherchar;
- Illas Ngemelis (0,9 km²): 20 illas situadas ao sur de Ngerkeuid, sobresae a illa de Dmasech;
- Illas Ngeroi (1,2 km²): no extremo meridional do arquipélago, a só 5 km ao norte do estado de Peleliu. Consiste en cinco illas.