Cheez Whiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cheez Whiz é un queixo procesado americano que ten unha consistencia líquida similar ao dun mollo ou un queixo para untar que foi introducido no mercado por primeira vez pola compañía de alimentación Kraft Foods no ano 1953.

Características[editar | editar a fonte]

A súa cor é brillante e marela e posúe unha fluidez viscosa en forma de líquido, que se distribue en botes de vidro, e emprégase para aliñar as corn chips, os hot dogs, os cheesesteaks, ou calquera outro alimento. Comercialízase en algúns países como Estados Unidos, Canada, Venezuela, e as Filipinas.

Cultura xeral[editar | editar a fonte]

O Cheez Whiz fai a súa aparición na película The Blues Brothers. Elwood volta ao seu apartemento co seu irmán Jake; un dos seus residentes, que xoga as cartas, pregúntalle: "Conseguíchesmo Cheez Whiz?" Elwood lanza un envase da marca de Easy Cheese. Esta escena é parodiada en Family Guy con Stewie Griffin facendo a mesma pregunta.

O músico Beck menciona ao Cheez Whiz na súa peza "Loser" do traballo Mellow Gold: "Get crazy with the Cheez Whiz!".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]