Checoslovaquia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Checoslovaquia - Československo")
| Československo Checoslovaquia |
|||||
|
|||||
|
|||||
| Lema: Pravda vítězí (Checo: A verdade prevalece) |
|||||
| Himno: Kde domov můj? e Nad Tatrou sa blýska | |||||
| Capital | Praga | ||||
| Lingua | Checo, eslovaco | ||||
| Goberno | República | ||||
| Historia | |||||
| • Independencia | 28 de outubro de 1918 | ||||
| • Ocupación alemá | 1939-1945 | ||||
| • Disolución | 31 de decembro de 1992 | ||||
| Superficie | |||||
| • 1993 | 127.900 km² | ||||
| Poboación | |||||
| • 1993 est. | 15.600.000 | ||||
| Densidade | 122/km² | ||||
| Moeda | Coroa | ||||
Checoslovaquia (en checo e eslovaco: Československo ou Česko-Slovensko) foi un estado fundado tralo fin da Primeira Guerra Mundial e a desmembración do Imperio Austrohúngaro, do cal formaba parte o Reino de Bohemia, no Tratado de Versalles. Durou dende 1919 ata 1993, e comprendía ás actuais República Checa e Eslovaquia. En 1938, Chequia pasou a fomar parte do Terceiro Reich co nome de Bohemia e Eslovaquia continuou a ser independente cun goberno pro-nazi.
[editar] Cronoloxía
- 1919 - Fundación do estado.
- 1938 - Convértese en zona de influencia do Terceiro Reich tralos acordos de Munich.
- 1945 - Liberado polas tropas rusas.
- 1947 - Cae baixo influencia soviética.
- A protesta coñecida como Primavera de Praga é aplastada.
- 1993 - División amistosa entre a República Checa e Eslovaquia (Revolución de Veludo).
- 2004 - A República Checa e Eslovaquia entran na Unión Europea.