Charo López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charo López
Nacemento28 de outubro de 1943
LugarSalamanca
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade de Salamanca
Profesiónactriz e actriz de teatro
Na rede
IMDB: nm0530048 Allocine: 18961 Allmovie: p43201 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

María del Rosario López Piñuelas, coñecida como Charo López, nada en Salamanca o 28 de outubro de 1943, é unha actriz española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando era estudante de Filosofía e Letras participou en varias montaxes teatrais a través do chamado Teatro Español Universitario. Despois cursou estudos na Escola Oficial de Cinema. Traballou no teatro e na televisión destacando nas series Los camioneros, de Mario Camus; El pícaro, de Fernando Fernán Gómez; Entre visillos, de Miguel Picazo ou Fortunata y Jacinta, de Mario Camus. O seu alto recoñecemento chegou con Os gozos e as sombras, pero o seu debut na pantalla grande foi en 1967 con Ditirambo de Gonzalo Suárez. Conseguiu el premio como mellor actriz no Festival de Berlín polo seu traballo en La colmena.

En 1996 fixo Secretos del corazón, o filme de Montxo Armendáriz nomeada a un premio Oscar, e pola cal lle outorgaron o Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria. Entre o resto da súa filmografía destacan papeis breves en películas como Plenilunio, de Imanol Uribe ou Tiempos de azúcar, de Juan Luís Iborra e interpretacións protagonistas en Nudos ou La soledad era esto. Fixo numerosas obras de teatro e no ano 2007 estivo de xira con Tengamos el sexo en paz, adaptación da obra de Dario Fo e Franca Rame, coa cal debutou xa hai 10 anos[cando?].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]