Charles Schulz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charles Schulz

Charles Monroe Schulz, nado en Minneapolis o 26 de novembro de 1922 e falecido en Santa Rosa o 12 de febreiro de 2000, foi un debuxante estadounidense, coñecido en todo o mundo polas tiras cómicas de Charlie Brown e do seu grupo. Pasou de ser un neno tímido ó que nada lle saía ben a converterse no debuxante que con máis ternura conseguiu amosar o lado oculto do soño americano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun barbeiro alemán, Carl, e dunha ama de casa, Dena, era un fillo tímido que foi alentado polos seus pais no debuxo, sendo matricularono xa de pequeno nun curso por correspondencia dunha academia local. Cando fixo os 21 años alistouse no exército para ver se alí se facía un pouco máis duro e, efectivamente, dous anos despois, en 1945, era xa un soldado da 20ª División Blindada que avanzaba co exército de liberación por Francia e Alemaña. O horror de todo o que viu nesa época volveuno máis escéptico co xénero humano.

De volta a casa, en 1948, creou unha historieta de nenos, xénero moi de moda por aquel entón, titulada Li'Folks. En 1950 conseguiu vendela para a súa comercialización ó gran sindicato United Feature co nome de Peanuts (Cacahuetes). Os seus personaxes tiveron grande éxito entre grandes e maiores, os primeiros debido á sinxeleza dos debuxos e os personaxes, e os segundos dada a mensaxe que cada un de dos personaxes escondía tras de si.

O autor que estaba reflectido en cada un dos personaxes, Charlie Brown e Snoopy os que máis. Morreu de cancro de colon no ano 2000.

Proba do éxito da súa obra son a portada de Time e de Life que protagonizaron os seus personaxes; que a NASA bautizou como Charlie Brown ó módulo de mando do Apolo X e como Snoopy ó módulo lunar; que cando Ronald Reagan era gobernador de California, declarouse o 25 de maio como día de Charles Schulz, ou que o ministro de arte francés Jack Lang nomeouno Cabaleiro da Orde das Artes e das Letras.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Schulz