Charles Robert Richet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Charles Robert Richet
Charles Robert Richet 5.jpg
Datos persoais
Nacemento 20 de agosto de 1850
Lugar París (Francia)
Falecemento 4 de febreiro de 1935, 84 anos
Lugar París (Francia)
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Francia
Nacionalidade Francesa
Etnia {{{etnia}}}
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Campo medicina
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Descubrir a anafilaxe
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Medicina (1913)

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Charles Robert Richet, nado en París o 20 de agosto de 1850 e finado na mesma cidade o 4 de febreiro de 1935, foi un médico francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Alfredo Richet e da súa esposa Eugenia. Estudou na súa cidade natal, graduouse como Doutor de Medicina en 1869, Doutor en Ciencias en 1878 e como o seu pai, profesor, neste caso da Cátedra de Fisioloxía na Facultade de Medicina de París a partir de 1887.

Durante 24 anos, desde 1878 a 1902, foi editor da Revista Científica e desde 1917, co-editor do Xornal de Fisioloxía e Patoloxía Xeral. Publicou artigos sobre fisioloxía, química e patoloxía experimental.

En fisioloxía traballou sobre os mecanismos da termorregulación en animais de sangue quente. Antes das súas investigacións (1885-1895) sobre polipnea e tremor debido a temperaturas, pouco era coñecido sobre os métodos polos cales os animais privados da súa transpiración cutánea poden protexerse do exceso de calor e como animais arrefriados podían quentarse a si mesmos.

En terapéutica experimental, Richet demostrou que o sangue de animais vacinados contra unha infección, protexe contra a mesma. (Novembro de 1888). Aplicando estes principios á tuberculose, fixo a primeira inxección seroterapéutica no home, o 6 de decembro de 1890.

Inventou a palabra anafilaxe para nomear a sensibilidade desenrolada por un organismo despois de recibir unha inxección parenteral dun coloide, sustancia proteica ou toxina (1902), podendo así afirmar que a inxección parenteral de sustancias proteicas modifica profunda e permanentemente a constitución química dos fluídos corporais.

As aplicacións da anafilaxe en medicina son extremadamente numerosas. Máis adiante demostrou os fenómenos da anafilaxe pasiva e a anafilaxe in vitro. A maioría dos traballos de fisioloxía de Charles Richet, publicados en diversas revistas científicas foron recompilados e publicados en *Travaux du Laboratoire da Faculté de Médecine de Paris (Alcan, Paris, 6 vols. 1890-1911).

Catedrático de Fisioloxía e profesor da Sorbona, Membro do Instituto de Francia, Presidente da Sociedade de Bioloxía, o 11 de decembro de 1913 foi galardoado co Premio Nobel de Medicina polas súas investigacións sobre anafilaxe.

Richet foi tamén un dos máis representativos pioneiros da investigación chamada no seu tempo "metapsíquica", termo substituído despois polo acuñado por Max Dessoir: Parapsicoloxía. Richet publicou as súas conclusións no seu voluminoso Tratado de Metapsíquica. Corenta anos de traballos psíquicos, así como en O porvir e a premonición, traducidos ambos os ó castelán pola Ed. Araluce: en 1923 o primeiro, con eloxioso prólogo do inmunólogo catalán Jaime Ferrán, e en 1932 o segundo.

Así mesmo, dedicou parte do seu tempo a escribir obras de arte dramática.