Charles Lynch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Charles Lynch, nado en 1736 e finado o 29 de outubro de 1796, foi un xuíz do Estado de Virxinia, Estados Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Charles Lynch naceu en Virxinia, descendente dos cuáqueros inmigrantes de Irlanda. A cidade de Lynchburg foi chamada así por un dos membros da súa familia, probablemente polo seu irmán John. A súa esposa Anne Terell era unha cuáquera de nacemento, e seus cinco fillos foron criados como cuáqueros.

Lynch serviu na House of Burgesses entre 1769 e 1778, cando se converteu en Coronel de Milicia. Despois da Revolución foi Senador en Virxinia entre 1784 e 1789.

Durante a Revolución Americana encabezou unha corte irregular en Virxinia para castigar os leais partidarios dos Británicos. En 1780 ordenou a execución dunha banda de conservadores (tories) sen dar lugar a xuízo.

Esta acción deu lugar ao que se coñeceu como a "Lynch Law" ou lei de Lynch. De aí vén a palabra linchamento e o verbo linchar.