Charles François de Cisternay du Fay
| Charles François de Cisternay du Fay | |
|---|---|
![]() Charles François du Fay |
|
| Nacemento | 14 de setembro de 1698 París |
| Morte | 16 de xullo de 1739 París |
| Nacionalidade | francés |
| Campo | |
| Coñecido por | |
- Artigo principal: Carga eléctrica.
Charles François de Cisternay du Fay nado en París o 14 de setembro de 1698 e finado o 16 de xullo 1739) foi un físico francés, coñecido en electrostática por diferenciar entre a electricidade positiva e a negativa e tamén por ser o primeiro mordomo do Jardin du Roy (Xardin do rei). De familia prominente con influencia en ambientes militares e eclesiásticos, o seu pai conseguiulle o nomeamento de químico adxunto na Academie des Sciences.
Traxectoria [editar]
Aínda sen ter unha formación científica Du Fay pronto destacou nos seus experimentos sobre a electricidade ao decatarse dos traballos de Stephen Gray (quen había descuberto o fenómeno da condutividade eléctrica), dedicou a súa vida ao estudo dos fenómenos eléctricos. Publicou os seus traballos en 1733 sendo o primeiro en identificar a existencia de dous tipos de cargas eléctricas (as denominadas hoxe en día positiva e negativa), que el denominou carga vítrea e carga resinosa, debido a que ambas se manifestaban: dunha forma ao fregar, cun pano de seda, o vidro (carga positiva) e de forma distinta ao fregar, cunha pel, algunhas substancias resinosas como o ámbar ou a goma, (carga negativa).[1] Tamén distinguio entre condutores e illantes e puxo de manifesto a repulsión entre corpos con igual carga eletrica.
As observacións de Du Fay en electricidade foron escritas en decembro de 1733 e logo impresas no Volume 38 da "Philosophical Transaction of the Royal Society" en 1734.
En xullo de 1739 vaise a infectar de varíola e vai morer os poucos dìas.
Notas [editar]
- ↑ Biografía de C.F.Du Fay Ingés [15-4-2008]
