Charles Bell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charles Bell

Charles Bell, nado en novembro de 1774 en Doun in Monteath, Edimburgo, e finado o 28 de abril de 1842, en North Hallow, Worcestershire, foi un anatomista e cirurxián escocés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bell viviu e estudou en Edimburgo, onde se graduou como médico en 1799, pouco despois admitíronno no Royal College of Surgeons, onde exerceu a cirurxía e ensinou anatomía. Baixo o consello do seu irmán John Bell, publicara en 1798 , nos seus tempos de estudante A System of Dissection Explaining the Anatomy of the Human Body e participou en Anatomy of the Human Body publicado polo seu irmán en 1802 e 1804 con capítulos sobre as vísceras, os nervios e os órganos sensoriais. En 1804 marchou a Londres onde exerceu a cirurxía privada e daba clases de anatomía na Great Windmill Street School of Anatomía. Tamén serviu como cirurxián militar. En 1824 converteuse no primeiro profesor de cirurxía e anatomía do College of Surgeons in London.

Foi nomeado cabaleiro en 1831. En 1836 aceptou o posto de profesor de cirurxía na Universdade de Edimburgo.

Obras[editar | editar a fonte]

The Maniac (1806)

Charles Bell foi un investigador e escritor prolífico, en 1811 publicou un estudo detallado do cerebro in 1811, no seu libro An Idea of a New Anatomy of the Brain, onde describiu os seus experimentos con animais e como foi o primeiro entre a sensibilidade e a motricidade e as funcións vexetativas. O libro converteuse na pedra de alicerce da neuroloxía.

Bell foi un dos primeiros médicos en unir o estudo científico da neuroanatomía coa práctica clínica. En 1821 describiu a traxectoria do nervio facial e unha enfermidade que levaba a unha parálise unilateral dos músculos faciais en On the Nerves: Giving an Account of some Experiments on Their Structure an Functions, Which Lead to a New Arrangement of the System.

O seu gusto polo debuxo e a pintura levouno a publicar Illustrations of the Great Operations of Surgery: Trepan, Hernia, Amputation, Aneurism, and Lithotomy (1821) e Essays on the Anatomy of Expression in Painting (1806).