Chamartín
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chamartín é un distrito da cidade de Madrid situado no norte da cidade. Ten unha superficie de 9,2 km² e unha poboación de 142.626 habitantes no 2005.
Limitado polo norte con Fuencarral-El Pardo, polo leste co distrito de Ciudad Lineal, polo sur co distrito de Salamanca, polo sudoeste con Chamberí e polo oeste con Tetuán.
Barrios [editar]
Este distrito está dividido en seis barrios:
- Ciudad Jardín
- El Viso
- Hispanoamérica
- Nueva España
- Plaza Castilla
- Prosperidad