Chamábanlle Trindade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chamábanlle Trindade
Título orixinal Lo chiamavano Trinità
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director E.B. Clucher
Produtor Italo Zingarelli
Guión E.B. Clucher
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Terence Hill, Bud Spencer, Farley Granger, Elena Pedemonte, Steffen Zacharias, Dan Sturkie, Gisela Hahn, Ezio Marano, Luciano Rossi, Ugo Sasso, Michele Cimarosa, Remo Capitani, Riccardo Pizzuti
Música Franco Micalizzi, Lally Scott
Fotografía Aldo Giordani
Montaxe Giampiero Giunti, Antonio Siciliano
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor
Ano 22 de decembro de 1970
Duración 117 minutos
País Italia Italia
Xénero comedia, spaghetti western
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte Seguíanlle chamando Trindade
Ficha en IMDb

Chamábanlle Trindade é unha película cómica do xénero spaghetti western. Foi dirixida no ano 1970 por E.B. Clucher, e ó ano seguinte rodouse a secuela Seguíanlle chamando Trindade.

Lo chiamavano trinità está considerado unha película de culto tanto polos amantes do cine cómico como polos do cine do oeste, aínda que se trata principalmente dunha sobria e divertida parodia do spaghetti western. Está definida por algúns como o inicio do Fagioli Western, serie de peliculas de pistoleiros que acadou fama grazas a Bud Spencer e Terence Hill.

Trama[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Trindade (Terence Hill), tamén coñecido como "a man dereita do diaño", aparentemente un sucio e sórdido vagabundo, é en realidade un pistoleiro rápido e mañoso, ávido de conseguir pelexa á menor ocasión. Trindade atopa ó seu irmán Bambino (Bud Spencer), alcumado "a man esquerda do diaño", nunha aldea perdida do oeste. Alí "Bambino" é o shérif, procurando manter a orde, dado que é un maleante escapado da lei que malferiu ó que debería ser o sheriff. Alí agarda polos seus compañeiros, Faina e "Tímido", para regresar a California a dar un novo golpe.

O "Maior", influente home de negocios da aldea, quere marcar un gran rabaño de cabalos, pero o val que desexa para alimentalos está ocupado por uns mormóns que se adican á agricultura e gandería. Quere botalos do val, valéndose para iso da axuda duns mexicanos dispostos a axudalo. Porén, Trindade decide que quere quedar coa comunidade mormón, atraído pola posibilidade de dedicarse á boa vida e practicar a poligamia, polo que pide axuda ó seu irmán para desfacerse do Maior.

Os detalles da trama e/ou do argumento rematan aquí.

Versións[editar | editar a fonte]

A duración integral da película, tal como se retransmite na televisión, é de 111 minutos, mais na versión para DVD, editada en 2003, dura só 106 minutos debido ó corte dalgunhas escenas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]