Chaira abisal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As chairas abisais son zonas chairas ou de pendente moi suave do fondo da conca oceánica profunda. Están entre as zonas da Terra máis chairas e suaves, e entre as menos exploradas. As chairas abisais supón aproximadamente o 40% do fondo do océano e a súa profundidade oscila entre os 2.200 e os 5.500 m. Adoitan quedar entre o pé do noiro continental e unha dorsal oceánica ou unha fosa.

Son as principais zonas de sedimentación do planeta; baixo a capa de sedimentos, atópase a cortiza oceánica, formada por silicatos magnésicos que compón rocas de tipo basáltico. Estas rocas teñen a súa orixe nas dorsais oceánicas, pola solidificación do magma que por elas aflora á superficie, e destrúense nas zonas de subdución, xunto aos continentes, onde se introducen de novo no magma.

Entre os escasos elementos destacados do relevo das chairas abisais atópanse:

-Outeiro volcánica: outeiro submarino formada pola acumulación de materiais provenientes dunha erupción volcánica.

-Illa volcánica: outeiro volcánica que, polas súas dimensións, chega a emerxer da superficie do mar formando unha illa.

-Guiot: estrutura tabular submarina cuxo orixe non está claro; considérase que poden tratarse de illas volcánicas que foron erosionadas ao estar emerxidas, quedando así a súa cima plana, e volveron afundirse no fondo do mar.

Á chaira abisal non chega a luz do sol; consecuentemente, apenas si alberga vida, esta está formada por bacterias quimiosintéticas (que non realizan a fotosíntese senón un proceso análogo desencadeado polos produtos gaseosos provenientes do subsolo en zonas volcánicas) e algúns animais invertebrados (p.ej. vermes) e vertebrados (algúns peixes). Os peixes abisais están dotados de bocas grandes e, debido á falta de luz, non cazan senón que tenden trampas ás presas potenciais; para iso, moitos sérvense da bioluminescencia, posuíndo apéndices luminosos que chaman a atención das presas de modo que estas achéganse a eles, sendo atrapadas entón pola mencionada boca de gran tamaño.