Chablis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aspecto de Chablis

Chablis é un concello francés, pertencente ao departamento do Yonne e á rexión de Borgoña.

Índice

[editar] Xeografía

Ten unha superficie de 38,92 km², com 2.569 habitantes, segundo o censo de 1999. Está a 18 km ao leste de Auxerre, na súa área de influencia.

[editar] Historia e cultura

A pesar da existencia de xacementos arqueolóxicos na contorna, os primeiros escritos que citan a Chablis son do ano 867 cando o rei Carlos II de Francia lle doou estas terras aos monxes da abadía de San Xermán de Auxerre. Xa na Idade Media esta era zona de viño, que se exportaba a Inglaterra e Flandres con grande renome.

A cidade desenvólvese sobre dúas metades: a primeira, ao redor da igrexa de San Pedro, e a segunda ao redor da colexiata de San Martiño. Durante a Guerra dos Cen Anos prodúcese unha reforma das murallas da cidade, que chegan a contar con 29 torres.

En 1478 a vila recibe o privilexio real de acoller a quinta imprenta de Francia. En 1568 sofre un grande incendio que devasta a parte alta da vila, provocado polos hugonotes, e no século XIX padece un novo ataque, neste caso de filoxera, que golpea nos cultivos de viño, que non se recupera a pleno rendemento ata mediados do XX. O 15 de xuño de 1940 a vila padece un forte bombardeo que destrúe parte do seu centro histórico.

Todos os anos ten lugar no mes de maio nesta aldea un festival de música, o Festival du Chablisien[1], con concertos de distintos xéneros. Entre os edificios que se deben destacar está a colexiata de San Martiño, a igrexa de San Pedro e unha sinagoga que está considerada monumento histórico polo estado francés.

[editar] Cidades irmás

Chablis está irmandada coa vila alemá de Oberwesel.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Ligazóns externas

Web oficial do concello

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas