Chícharo de raposo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chícharos de raposo (xénero Lupinus)
Planta de L. polyphyllus en floración.
Planta de L. polyphyllus en floración.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Genisteae
Xénero: Lupinus
L.
Subxénero: 1. Lupinus; 2. Platycarpos [1]
Especies

Véxase no texto

Chícharos de raposo (sementes do tremoceiro Lupinus albus).

O chícharo de raposo ou chícharo bravo[1] é a semente das plantas fabáceas coñecidas como tremoceiros [2](especialmente o "tremoceiro común" - Lupinus albus[3]), pertencentes ao xénero Lupinus e usadas na fixación de azote nos solos. O xénero conta con arredor de 200 especies orixinarias do Mediterráneo (subxénero Lupinus) e de América (subxénero Platycarpos (Watson) Kurl.) A semente, de cor amarela, non ten aproveitamento agrícola e é xeralmente vendida e consumida en conserva como petisco (acepipe), sendo moi común nas cervexarías de Portugal. O tremoceiro in natura contén un aminoácido neurotóxico que o veda ao consumo humano, alén dunha serie de substancias alcaloides dotadas de efectos neurotóxicos e hepatóxicos do grupo da quinolicidina, como a lupanina, ou lupinina, mais isto só ocorrería co consumo do gran fresco ou seco, e en grandes cantidades e por longos períodos. Para poder consumir os chícharos de raposo sen risco, deben ser cocidos e despois cubertos de auga mudándoa con frecuencia durante uns días até perderen o seu amargo orixinal, coa eliminación dos alcaloides. Preparados deste xeito, os chícharos bravos non ofrecen ningún risco á saúde.

Botánica[editar | editar a fonte]

Lupinus é un dos xéneros de plantas da familia das fabáceas, subfamilia Faboideae. Hai preto de 150 especies clasificadas neste xénero (subxéneros Lupinus, e Platycarpos (Wats.) Kurl.). A maioría destas especies teñen a propiedade de fixar azote/nitróxeno nos solos, e moitas son utilizadas como fertilizante natural en zonas agrícolas. As sementes das plantas do xénero Lupinus, tremoceiros, son coñecidas como chícharos de raposo ou bravos.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son plantas de talo erecto, que habitualmente miden entre 5 dm e 2 m de altura. As súas follas están formadas por un número impar de folíolos e o seu aspecto é semellante ao dunha man. Nas especies silvestres e as cultivadas con propósitos ornamentais, as flores reúnense en longas e vistosas inflorescencias, porén, as especies cultivadas para a alimentación soen ter inflorescencias máis miúdas e pouco notorias. As cores dos pétalos varían dende o branco ao azul intenso, con predominio de tons azulados e rosados. O seu froito é un legume que contén sementes con forma de esfera achatada.

Algunhas especies[editar | editar a fonte]

As especies sinaladas con P medran de forma espontánea en Galiza, normalmente en solos areentos.

Constituíntes tóxicos existentes neste xénero[editar | editar a fonte]

Clasificación do xénero[editar | editar a fonte]

Sistema Clasificación Referencia
Carl von Linné Clase Diadelphia, orde Decandria [4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Termos esenciais de botánica Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela
  2. http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=tremoceiro&tipo_busca=lema
  3. http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=ch%C3%ADcharo
  4. Species Plantarum (1753)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]