Cesare Ripa
Cesare Ripa | |
---|---|
Nacemento | c. 1555 e c. 1560 |
Lugar de nacemento | Perugia |
Falecemento | 1645, 22 de xaneiro de 1622, 22 de xuño de 1622, 1622 e xuño de 1622 |
Lugar de falecemento | Roma |
Ocupación | escritor, historiador da arte, teórico, científico, cociñeiro, art theorist, erudito, letrado, polímata, filósofo e académico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Cesare Ripa, nado en Perugia en 1555 e finado probablemente en Roma en 1622, autor italiano do século XVI, estudoso afeccionado da arte e autor de Iconoloxía (Iconologia overo Descrittione dell'Imagini universali) (Roma, 1593), libro de emblemas moi influente no seu tempo.
Biografía[editar | editar a fonte]
De neno Cesare Ripa entra na corte do cardeal Anton Maria Salviati coa función de escudeiro. Membro da Academia dei Filomati e Intronati de Siena (empresas académicas dedicadas ó estudo de obras literarias clásicas e antigas moedas), que tería contactos coa Accademia degli Incitati en Roma, onde viviu entre 1611 e 1620.
Iconoloxía[editar | editar a fonte]
En 1593 publicou a colección de alegorías: a obra, que ten por obxecto servir ós poetas, pintores e escultores para representar as virtudes, os vicios, os sentimentos e as paixóns humanas, é unha enciclopedia que se presenta en orde alfabética, como alegorías da paz, a liberdade ou a prudencia, recoñecibles nos atributos e a cor simbólica.
-
Alegoría da arte.
-
Alegoría da Beleza.
-
Alegoría da Poesía.
-
Alegoría do Furor poético.