Cesare Baronius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cesare Baronius (Sora 1538Roma 1607) foi un cardeal e historiador eclesiástico italiano. Estudou en Veroli e Nápoles. En Roma ingresou na Congregación do Oratorio en 1557, encargado por San Filipe Neri de responder aos ataques protestantes escribiu en 12 volumes os Annales ecclesiastici (1588-1607), escribe a historia en estrito orde cronolóxico, e foi nesta obra onde se fala por vez primeira dos anos escuros para describir o estado da civilización europea entre o 500 e o 1100. En 1593 sucedeu a San Felipe Neri como xeneral do Oratorio. Foi confesor do papa Clemente VIII, quen en 1596 fíxoo cardeal e bibliotecario do Vaticano.